Estrela de David: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Adorian (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 17:
 
Xunto con parte dos xudeus devotos, expandiuse a alegación de que a orixe do símbolo da Estrela de David estaba directamente ligada ás flores que adornaban a [[Menorá]], candelabro de sete brazos que formaba parte dos obxectos do [[Templo de Xerusalén]], feitas nunha relevo de lirios de seis pétalos, que facían unha silueta semellante á forma da Estrela de David. Entre os que cren nesta suposta orixe do famoso símbolo, hai unha interpretación de que a Estrela de David foi feita directamente polas mans do propio Deus de [[Israel]].
 
== Influencias ==
[[Ficheiro:Red Star of David.svg|thumb|220px|Bandeira da Estrela de David Vermella, do estilo do [[Movemento Internacional da Cruz Vermella e da Media Lúa Vermella]].]]
Existen intérpretes que argumentan que o lírio branco está composto por seis pétalos cun estilo parecido ao da Estrela de David. De feito, esta é a flor coa que era identificado o pobo de [[Israel]] no libro [[Biblia|bíblico]] ''Cantar dos cantares''.
 
Hai pensadores que ven no concepto de "Estrela de David", e nos dous triángulos que a compoñen, unha conexión co elemento masculino (o triángulo coa punta volta para arriba, constituíndo o símbolo masculino) e co elemento feminino (o triángulo volto cara baixo, constituíndo a forma dun receptáculo). Tamén hai os que ven neste símbolo unha relación entre o elemento celestial que aspira para a terra o seu poder (o triángulo coa punta cara baixo), contra o elemento terrestre que aspira cara o ceo súa influencia (o triángulo que apunta cara arriba). Outros pensadores argumentan que a Estrela de David constituída por seis puntas representaría o dominio celestial sobre os catro ventos, sobre o que está encima e sobre o que está en baixo na terra.
 
De acordo coa [[Kabbalah]] (mística xudía), a Estrela de David insinúa a representación das sete emanacións divinas (''sefirot'') inferiores. Cada triángulo dos seis triángulos que forman os lados da estrela representarían unha emanación e o centro dos triángulos maiores sobrepostos da Estrela de David representarían a emanación denominada [[Malchut]]. O filósofo Franz Rosenzweig deu unha outra interpretación moi peculiar á Estrela de David, afrimando que un dos triángulos constituintes do símbolo sería a representación da base de focos que caracterizan o pensamento do mundo: Deus, o home e o mundo. Obviamente, había filósofos que non crían na existencia de Deus, dun mundo metafísico ou dunha humanidade separada do mundo real, mais aínda estes focos constituían, na sua opinión, a base da [[filosofía]] da súa xeración. O outro triángulo representaría a posición do [[xudaísmo]] nestes asuntos. Nun nivel ben básico, o xudaísmo se ocuparía na reflexión sobre as relacións que existen entre estes factores, no conmovedor aos tres fundamentos principais do xudaísmo, na opinión de Rosenzweig: a creación (a relación entre Deus e o mundo), a revelación (a relación entre Deus e o home) e a redención (a relación entre o home e o mundo). Os [[cristianismo|cristiáns]] utilizan o símbolo como sinal de respecto a Israel, sendo ese o lugar onde eles cren que [[Xesús]] volverá.
 
== Usos ==
{{VT|Bandeira de Israel}}
[[Ficheiro:Yellow star Jude Jew.svg|thumb|right|Estrela de David usada polos [[nazis]].]]
Durante a [[Alemaña nazi]], os xudeus prisioneiros nos [[campo de concentración|campos de concentración]] possuiam a "estrela dos xudeus" costurada en súa camisa. Dentro da ''estrela de David'', ficaba escrita a palabra "Jude", que en [[alemán]] significa "xudeu". O símbolo era usado para facilitar a súa identificación.
 
Despois do establecemento do [[Israel|Estado de Israel]], cando non foi acepta a proposta de Herzl dunha bandeira con sete estrelas e outra idea con sete Escudos de David, o Consello do Estado Provisional aceptou a decisión do comité dunha outra proposta dun símbolo e dunha [[Bandeira de Israel|bandeira]], confirmados en [[28 de outubro]] de [[1948]]. E así mudou a estrela de David dun simple símbolo xudío ornamental a nivel de símbolo supremo do recentemente estabelecido Estado xudeu, sendo parte central da bandeira da nación, tendo por cima e por baixo dela dúas faixas azul celestes. Porén, os cidadáns árabes do novo Estado argumentaron que non se identificaban cunha bandeira que era composta unicamente por símbolos xudaicos. Os participantes do grupo [[Naturê Karta]] tamén pararon de usar a Estrela de Davi despois deste evento, argumentando que este era un símbolo que representaba un Estado [[sionismo|sionista]].
 
De maneira semellante a como son representadas organizacións como a [[Cruz Vermella]] e a [[Media Lúa Vermella]], usando símbolos de destaque de súas relixións, a organización israelita de axuda humanitaria e médica, denominada Escudo de David Vermello (en hebreo ''Maguen David Adom''), é representada, como o propio nome xa di, por unha estrela de David vermella como símbolo oficial. Esta organización de socorro médico, porén, non alcanzou aínda un recoñecemento oficial internacional como as súas correspondentes nos países de tradución [[cristianismo|cristiá]] ou [[Islam|musulmá]].
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Rei David]]
* [[Bandeira de Israel]]
* [[Movemento Internacional da Cruz Vermella e da Media Lúa Vermella]]
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.mdais.org/ Sitio web oficial da Estrela de David Vermella]
* [http://www.jewishencyclopedia.com/view.jsp?artid=38&letter=M&search=magen%20david A Estrela de David en Jewish Encyclopedia]
 
[[Categoría:Xudaísmo]]