Diferenzas entre revisións de «Fútbol»

sen resumo de edición
(Desfíxose a edición 1902884 de Holamijo (conversa))
[[Ficheiro:U20-WorldCup2007-Okotie-Onka.JPG|thumb|300px|O atacante austríaco [[Rubin Okotie]] tenta marcar un gol contra o equipo do Congo, no Campionato Mundial de Fútbol Sub-20 2007. Foto obtida no [[Commonwealth Stadium]], en [[Edmonton]], [[Alberta]], no [[Canadá]].]]
O '''fútbol''' é un [[deporte]] por equipos, o máis popular do mundo, tanto respecto ao número de espectadores como óao número de participantes activos. O organismo reitor do fútbol é a ''Fédération Internationale de Football Association'' ([[FIFA]]). Millóns de persoas xogan en clubs de afeccionados ou van acotío óao estadio para apoiaren o seu equipo favorito. Os países de [[Europa]], [[África]] e [[Sudamérica]] son os que dominan o xogo a nivel internacional.
 
A [[FIFA]] é o organismo encargado de organiza-loorganizar o fútbol a nivel mundial, e para facilitar ese traballo, creou diversas organizacións continentais. Así, temos en Europa á [[UEFA]]; en África á [[CAF]]; en América do Norte, Central e Caribe, a [[CONCACAF]]; en Sudamérica á [[CONMEBOL]]; en Asia á [[AFC]]; e en Oceanía á [[OFC]].
 
Verbo das competicións a nivel mundial, o torneo máis relevante é o [[Mundiais de Fútbol|Copa do Mundo]], polo que a seleccións nacionais se refire, que se disputa cada catro anos. En canto a clubs, o torneo máis importante e a [[Copa Mundial de Clubs da FIFA]], que disputan os campións de tódalastodas as confederacións. Este torneo substitúe á antiga [[Copa Intercontinental]].
 
== Nome ==
[[Ficheiro:Sfc1971.jpg|thumb|right|250px|[[Sertanense FC]]]]O nome '''fútbol asociado''' empregouse por vez primeira cando a [[Asociación de Fútbol]] estableceu as regras do xogo, para distinguilo das moitas versións de fútbol que existían entón. A palabra '''soccer''' (denominación que recibe o fútbol en [[Idioma inglés|inglés]]) é unha abreviación coloquial do termo ''Association'' e apareceu nos [[anos 1880]]. A súa orixe débese a un estudante de [[Oxford]] chamado [[Charles Wreford Brown]], quen xogou para a [[Selección de fútbol de Inglaterra|selección inglesa]] e chegou óao posto de vicepresidente da Asociación de Fútbol. O termo ''fútbol asociado'' case non se usa na actualidade, mais algúns equipos e institucións aínda o empregan nos seus nomes oficiais.
 
A finais do [[século XIX]], '''soccer''' era a palabra coas que as clases altas se referían ao xogo, practicado nas escolas privadas, namentres que a clase traballadora empregaba o termo fútbol. O deporte chegou óao resto do mundo grazas ósaos inmigrantes británicos e os países que recibiron o deporte adoptaron o termo inglés. Así, pasou a ser ''fußball'' en [[alemán]], ''voetbal'' en [[holandés]], ''fotbal'' nas linguas escandinavas, ''futebol'' en [[Lingua portuguesa|portugués]] e ''fútbol'' en [[lingua castelá|castelán]]. En [[Lingua francesa|francés]], a palabra non se modificou e a actividade coñécese como ''le football'' (con frecuencia abreviado a ''le foot''), aínda que en [[Quebec]] coñécese como ''le soccer''. En [[Italia]], un ritual da corte [[Florencia|florentina]] coñecido como ''[[il calcio storico]]'' era semellante abondo óao deporte, e decidiron emprega-laempregar a palabra ''calcio'' para nomear a actividade.
 
En [[Gran Bretaña]], óao fútbol chámaselle coloquialmente '''footie'''.
 
Hoxe en día, a palabra '''soccer''' é empregada polos países anglofalantes que desenvolveron as súas propias regras para o fútbol. Estas non gardan relación coas regras do fútbol asociado, senón coas do seu antepasado común. Os seguintes países son os que teñen as súas propias regras para o fútbol:
== Historia do fútbol ==
{{Ver artigo principal|Historia do fútbol}}
Aínda que se coñecen indicios de deportes semellantes nas civilizacións prehispánicas de [[América]], ou en [[China]] e [[Xapón]], o fútbol moderno tivo a súa orixe en [[Inglaterra]] no [[século XIX]], e foise estendendo paulatinamente óao resto dos países europeos. A [[FIFA]] créase nos primeiros anos do [[século XX]], e a partir de aí a súa popularidade medra imparablemente. En [[1928]], a FIFA decide crear unha [[Mundial de Fútbol Uruguai 1930|competición mundial]] de seleccións nacionais e acorda que se celebre en [[Uruguai]], que era a campiona olímpica, en [[1930]].
 
== As regras do xogo ==
Nun partido de fútbol enfróntanse dous equipos formados por 10 xogadores e un porteiro cada un. Dise que un equipo mete un [[gol]] cando o balón traspasa totalmente a liña de gol da [[portería]] contraria. O obxectivo do xogo é marcar máis goles có contrario.
 
O único xogador que pode toca-lotocar o balón coas mans durante o xogo é o porteiro ou gardamallas, sempre e cando se manteña dentro da súa [[área]] (zona próxima á portería).
 
O tempo de xogo divídese en dous períodos de 45 minutos separados por un descanso de 15. Dependendo das interrupcións acontecidas óao longo do período de xogo o árbitro pode engadir uns minutos en cada un dos tempos.
 
== Equipos ==