De Magnete: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Texto traducido desde es:De magnete
 
m arranxiño
Liña 2:
'''De magnete, magneticisque corporibus, et de magno magnete tellure''' ('''Sobre os imáns, os corpos magnéticos e o gran imán terrestre'''), máis coñecido como '''De magnete''', é un traballo científico realizado en [[1600]] polo [[médico]], [[físico]] e científico inglés [[William Gilbert]].
 
Neste traballo Gilbert describe varias das súas experiencias co seu modelo da [[Terra]] denominado ''terrella''. A partir dos experimentos chegou á conclusión de que a Terra era magnética e que este era o motivo polo cal as [[compás]]es apuntaban ao norte (naquel momento pensábase que a [[Estrela Polar]] ou unha gran illa magnética situada no [[Polo Norte|polo norte]] atraía a agulla do compás). En De magnete tamén publicou os seus estudos sobre a [[electricidade estática]] producida polo [[ámbar]]. O ámbar en grego denomínase ''elektron'' e ''electrum'' en latín, por iso Gilbert referiuse ao fenómeno co adxectivo ''electricus'' e o nome ''electricitas'', que darían paso aos termos modernos [[ElectricidadElectricidade|eléctrico]] e [[electricidade]].
 
De magnete tivo gran influencia, non tan só polo interese inherente ao tema que trataba, senón polo rigor co que Gilbert describiu os seus experimentos e as súas obxeccións ás antigas teorías sobre o [[magnetismo]]. Gilbert recoñeceu o legado científico dos traballos de [[Peter Peregrinus de Maricourt|Pierre de Maricourt]] e incorporou os experimentos deste científico francés do [[século XIII]] ao seu tratado.<ref>Jean Gimpel, ''The Medieval Machine: The Industrial Revolution of the Middle Ages'' (New York, Penguin, 1976), páx. 194</ref> A pesar de que o seu pensamento foi fortemente influenciado polo [[misticismo]] da súa época, Gilbert foi un dos pioneiros da física experimental, atendendo que realizar estudos e experimentos que puidesen atentar contra a doutrina da [[igrexa católica]] era perigoso e arriscado (o mesmo ano que se publicou De magnete, [[Giordano Bruno]] foi queimado no [[Campo de' Fiori]] de Roma pola [[Inquisición]]).