Diferenzas entre revisións de «Literatura anglosaxoa»

-- "Beowulf", liñas 340-355.<br />
{{End box}}
A [[poesía épica]] e elexíaca anglosaxoaanglosaxoas constitúeseconstitúense formalmente a través da [[liña anglosaxoa]], que consiste na división do verso en dúas metades separadas por unha [[cesura]] ou pausa; e o [[aliteración|verso aliterativo]], que consiste na repetición de sons consoánticos nas sílabas semanticamente máis importantes. Esta estrutura dálle unidade a cada liña, dálle [[ritmo]] ao poema e faino máis sinxelo de lembrar, tendo en conta que esta literatura transmitíase de maneira oral. A maioría dos textos son anónimos e, malia a súa temperá produción, a literatura anglosaxoa presenta unha ampla riqueza estilística. Destacan entre estes recursos os "[[kenning]]", que consisten en locucións poéticas compostas que substitúen o nome usual dunha persoa ou dun obxecto.
 
Exemplo dun ''kenning'' no poema elexíaco ''"The Wanderer"'' (O errante):
A unión da palabra ''eard'' (terra) con ''stapa'' (camiñante) forma un ''[[kenning]]'' que alude ao título do poema.
 
Canda á [[poesía épica]] é a [[Elexía|poesía elexíaca]] o outro xénero literario máis cultivado durante o período anglosaxón. A poesía elexíaca anglosaxoa expón a filosofía fatalista da súa [[civilización]]. O ton dos poemas acada un nivel altamente melancólico resaltando sentimentos como a soidade, o abandono, a inseguridade, o exilio e o sufrimento. O patrón tende a ser sempre o mesmo: a [[voz lírica]] lamenta a desaparición dun glorioso pasado e adopta unha postura de resignación. Resultan poemas moi persoais nos que se afonda nos sentimentos dos personaxes.
 
Entre os poemas elexíacos anglosaxóns cabe destacar os seguintes que se encontran no [[Libro de Éxeter]]: