Estrela de David: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
Traducido da wikipedia en portugués (pt:Estrela de Davi)
Adorian (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 14:
O testemuño máis antigo deste emblema na literatura xudaica é p amosado no libro do sabio caraíta [[Yehudah ben Eliahu Hadasi]], do [[século XII]], no seu libro ''Eshkol Hakofer''. No capítulo 242, fala de costumes de persoas do pobo que, aos poucos, foron convertendo o símbolo do Escudo de David dun simple selo a un tipo de signo místico ou amuleto: ''"e os sete anxos na [[Mezuzá]] foron escritos - Miguel e Gabriel [...] o Eterno irá gardarche e este símbolo chamado Escudo de David é escrito en tódolos anxos e no final da Mezuzá..."''. Así, xa naquela época, este símbolo tiña un carácter místico, sendo frecuentemente gravado como unha forma de amuleto protector.
 
A identificación efectiva da Estrela de David co [[xudaísmo]] comezou na [[Idade Media]]. En [[1354]], o rei [[Carlos IV, Sacro Emperador Romano-Xermánico|Carlos IV]] (Karl IV) concedeu o privilexio á [[Josefov|comunidade xudaica de Praga]] de ter súa propia bandeira. Os xudeus confeccionaron nun fondo vermello, un hexagrama ou a Estrela de David, en ouro. Documentos refírense a este símbolo como a "bandeira do rei DaviDavid". En Praga, a estrela de seis puntas, sempre chamada de ''Maguen David'', pasou a ser usada tanto en sinagogas, como no selo oficial da comunidade e en libros impresos. No [[século XIX]], difundiuse o símbolo da Estrela de David tamén sobre as cortinas das Arcas Santas das sinagogas.
 
Xunto con parte dos xudeus devotos, expandiuse a alegación de que a orixe do símbolo da Estrela de David estaba directamente ligada ás flores que adornaban a [[Menorá]], candelabro de sete brazos que formaba parte dos obxectos do [[Templo de Xerusalén]], feitas nunha relevo de lírioslirios de seis pétalos, que facían unha silueta semellante á forma da Estrela de David. Entre os que cren nesta suposta orixe do famoso símbolo, hai unha interpretación de que a Estrela de David foi feita directamente polas mans do propio Deus de [[Israel]].
 
[[Categoría:Xudaísmo]]