Diferenzas entre revisións de «Conversa:Literatura anglosaxoa»

* A forma correcta é <anglosaxoa> segundo o VOLGA. Creo que o sufixo <-ona> só é axeitado cando é despectivo como en <lambona>. Eu teño outra dúbida: como escribo Northumbria? Con <h> ou sen ela? A orixe do territorio vén de <north> e <Humber> (o río que divide Inglaterra entre norte e sur). Northumbria é o territorio que queda ao norte do Humber. Escríboo con <h> ou sen ela? Cando o escribín por vez primeira escribino con <h> pero logo foi corrixido e eliminouse. Cal é a mellor opción? --[[User:Cabaleiro de Espadas|Cabaleiro de Espadas]] 13:58, 4 novembro 2007 (UTC)
**Como non existe tradición galega respecto a ese nome, eu diría que se respectara o nome orixinal, Así que eu prefiro '''Northumbria'''. Un saúdo. [[User:Albert galiza|Alberte]]<sup>[[User talk:Albert galiza|Si, digame?]]</sup> 14:27, 4 novembro 2007 (UTC)
 
== Títulos orixinais dos poemas en inglés ==
 
Como os escribo? Segundo lin no libro de estilo os poemas van escritos entre aspas e os estranxeirismos non integrados en cursiva. Vale, eu o que fixen foi poñer o título orixinal en inglés entre aspas, porque é o título dun poema, e en cursiva, porque o título está nun idioma estranxeiro; e coa tradución entre parénteses. Iso é o que se fai normalmente ou teño que cambialo?