Bibliotecario, bibliotecaria: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Robbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: pap:Bibliotekario Eliminado: cs:Knihovnictví Modificado: zh:圖書館員
Toliño (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1:
Un '''bibliotecario''' é unha persoa que desenvolve procedementos para organizar a información, así como ofrecer servizos para axudar e instruír ás persoas nas maneiras máis eficientes para identificar e acceder á información que necesiten, nos seus diferentes formatos ([[Artigo xornalístico|artigo]], [[libro]], [[revista]], [[disco compacto]], [[videogravación]], [[arquivo dixital]], etc). O seu rol transformouse co tempo; pasaron de ser meros custodios das coleccións de libros a ser intermediarios entre os usuarios que requiren satisfacer algunha necesidade de información e as coleccións de información (en diversos formatos) que lles son confiadas.
 
Os bibliotecarios son profesionais que se forman a través das carreiras universitarias: A diplomatura en [[Biblioteconomía e Documentación]] e/o a Licenciatura en [[Documentación]]. Hai que sinalar que este é o caso español, así a todo cada país posúe os seus niveis formativos propios. En calquera caso, durante a súa formación, os bibliotecarios aprenden a analizar as necesidades de información que poidan ter os usuarios deste tipo de centros, amais de usar unha gran variedade de recursos informativos para satisfacer estas necesidades.
Liña 7:
Os bibliotecarios traballan en distintos ámbitos: bibliotecas públicas comunitarias, bibliotecas de institucións educativas (públicas ou privadas), e bibliotecas especiais, entre as cales están as bibliotecas exteriores das empresas, e as bibliotecas especializadas, por exemplo nun instituto de investigación.
 
Por outra parte, o Bibliotecario é un dos personaxes do [[Mundodisco]] de [[Terry Pratchett]]. O Bibliotecario da [[Universidade Invisible]] é un xigantesco [[simio]], que quedou así por un [[feitizo]]. Non quere ser transformado de novo en [[humano]], porque en forma de simio ten moi poucas preocupacións. O Bibliotecario oféndese se lle chaman "[[mono]]".
 
==Asociacións==
A [[IFLA]] é a Federación Internacional das Asociacións e das Institucións da Biblioteca. Existen asociacións de bibliotecarios en cada país. A [[SLA]] é a Asociación de Bibliotecas Especiais.
 
 
 
[[Categoría:Literatura]]
 
[[ar:أمين مكتبة]]