Lei de instrución pública de 1857: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
+ datiños desde a referencia
Liña 2:
 
==Características==
Ten a súa orixe na ''Ley de Bases'' do [[17 de agosto]] de [[1857]], que autorizou ao goberno a formular e promulgar unha lei de instrución pública. A propia ''Ley de Instrucción Pública'' foi aprobada o 9 de setembro de 1857, incorporando boa parte do ''Proyecto de Ley de Instrucción Pública'' do [[9 de decembro]] de [[1855]], elaborado durante o [[Bienio Progresista]] polo Ministro de Fomento [[Manuel Alonso Martínez]]. Outras leis anteriores elaboradas con consenso foran o ''Regulamento Xeral de Instrución Pública'' (aprobado en Cortes o 29 de xuño de 1821)), o ''Plan Xeral de Instrución Pública'' (promovida polo [[Duque de Rivas]] e aprobada por Real Decreto o 4 de agosto de 1836) e o ''Plan Xeral de Estudos'' (Plan [[Pedro José Pidal|Pidal]], Real Decreto de 17 de setembro de 1845).
 
A lei procuraba mellorar a condición da educación en España, daquela un dos países europeos con maior taxa de [[analfabetismo]], organizando os tres niveis da primeira ensinanza: