Reino do Congreso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
virrei --> vicerrei
Liña 21:
==Historia==
===Nacemento do reino===
O nacemento do Reino do Congreso se debe en gran medida ós esforzos de [[Adam Jerzy Czartoryski]], polaco e ministro de asuntos exteriores ruso, que quería resucitar a Polonia como un aliado de [[Rusia Imperial|Rusia]]. Obtén unha constitución liberal para o novo reino, que é moi parecida á do [[Ducado de Varsovia]]. Ademais, o Reino do Congreso, tiña unha armada e o seu propio goberno. Oficialmente, foi unha monarquía constitucional co [[tsar]] de [[Rusia]] levando o título de Rei de Polonia. A Dieta podía votar ás leis e era responsable do virreivicerrei representante do tsar. O [[9 de decembro]] de [[1815]], o cargo de gobernador foi designado na persoa de príncipe [[Józef Zajaczek]], que ocupará o cargo ata a súa morte en [[1826]].
===A fin das Ilusións===
O Reino do Congreso non durou máis de quince anos. Os problemas comezaron cando [[Nicolao I de Rusia|Nicolao I]] foi coroado [[tsar]]. Nicolao I, non tolerou ningunha restrición ós seus poderes en Polonia. Nomea óo gran duque [[Constantino Pávlovich Románov|Constantino Romanov]] virreivicerrei de Polonia. Este quixo impoñer unha disciplina prusa no seo da armada do reino e os militares comezaron a conspirar el. Mentres que os rusos prevían utilizar ó exército do reino para intervir contra os movementos revolucionarios en [[Monarquía de Xullo|Francia]] e [[Bélxica]], o subtenente [[Piotr Wysocki]] e o seu grupo trataron de asasinar o gran duque Constantino, desencadeando unha insurrección contra [[Rusia]]. En [[xaneiro]] de [[1831]], o tsar foi deposto pola Dieta por transgredir en numerosas ocasións a constitución. A resposta do tsar non foi outra que a de enviar as tropas para acabar coa revolta polaca.
 
===A rusificación===