Fernando I, Sacro Emperador Romano-Xermánico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Adorian (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 5:
 
== Datos biográficos ==
Os seus títulos foron Arquiduque e duque da Austria, duque da Carníola, duque da Carintia, duque da Estíria e conde do Tirol a partir de 1520. Foi Rei de Hungría e de BoemiaBohemia a partir de 1526; rei da Croacia en 1540. En 1531, foi elixido Rei dos Romanos, o que fixo del herdeiro do Sacro Emperador Carlos V, seu irmán; Fernando gobernaba o Imperio nas ausencias do irmán. Asumiu a dignidade de Sacro Emperador en 1556 (coroado en 1558).
 
Educado na [[Península Ibérica]], foi o neto favorito do rei [[Fernando II de Aragón]], que prevía para el unha rexencia ibérica nas ausencias do irmán. Mais o seu outro avó, Maximiliano, obtivo para el a sucesión dobre en BoemiaBohemia e Hungría.
 
[[Carlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico|Carlos V]] recoñecera ao irmán polo [[Tratado de Worms]] (1521) a posesión e soberanía plena dos cinco Estados hereditários dos Habsburgos: os arquiducados e ducados da Alta e Baixa Austria, Caríntia, Estíria, Carníola, logo despois o condado do Tirol e posesións hereditarias de súa Casa no sur de Alemaña. Esta repartición constituíu o patrimonio de Fernando. Foi nomeado para gobernar o ducado de Vurtemberga e integrar o consello de rexencia que gobernaba a Alemaña nas ausencias do Emperador.
Liña 15:
A época experimentou a expansión otomana, desde a caída de [[Constantinopla]] en 1453. En 1529, Viena estivo so asedio turco. Até o século XVII, Europa tería que convivir co adianto das forzas turcas, ameazando Sicilia, Malta e os territorios de Venecia.
 
== Rei de BoemiaBohemia e de Hungría ==
En 29 de agosto de 1526, morreu o seu cuñado Luis II, rei de BoemiaBohemia e da Hungría, derrotado polas tropas otomanas do sultán Solimán, o Magnífico, na batalla de Mohács.
 
Fernando foi escollido rei de BoemiaBohemia e rei da Hungría. Coroado rei de BoemiaBohemia en Praga, en febreiro de 1527, non puido asegurar a coroa da Hungría, pois alí Xoán Zápolya, príncipe da Transilvania, apoiado por parte da nobreza e despois polos turcos, mantiña a resistencia, aínda que compromiso posterior asegurase a integridade das posesións dos Habsburgos. O reino de Hungría tornouse obxecto dunha disputa dinástica entre os Habsburgos e Zápolyas, cada partido era apoiado por unha parcela da nobreza húngara. Fernando contaba ademais co apoio de seu irmán [[Carlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico|Carlos V]].
 
En 1527, Fernando venceu a [[Batalla de Tokaj]], porén non foi o suficiente para gañar o control de toda Hungría.
 
En 1529, as súas tropas repeliron con logro o ataque de Solimán á capital, [[Viena]] (Cerco de Viena), mesmo con Fernando xa tendo se retirado para BoemiaBohemia. Finalmente, en 1533 Fernando asinou tratado de paz co [[Imperio Otomán]], dividindo o reino de Hungría entre os Habsburgos no oeste e Xoán Zápolya. En 1527 os Habsburgos deron inicio a un proceso histórico que levaría á incorporación das terras das coroas da BoemiaBohemia e Hungría ás súas posesións hereditárias.
 
En 1538, polo [[tratado de Nagyvárad]], Fernando convertiuse sucesor de Zápolya, sendo non obstante incapaz de impor o acordo.
 
A vida de Fernando ficou marcada por unha loita dobre: contra o [[Islam]], no Danubio, onde, tras a morte de seu cuñado Luís II en 1516, foi elixido rei da BoemiaBohemia e Hungría, debendo conter o adianto otomano sobre [[Viena]]. Non conseguiu tomar Buda en 1541 e tería que asinar unha tregua de oito anos (1562) pagando tributo annal ao sultán e recoñecemento, na Transilvania, da dinastia rival de Xoán Zápolya. A súa segunda loita estivo en contra os protestantes, cunha relativa indiferenza. Fernando, alumno e amigo dos xesuítas, deixárase influenciar na súa estadía en Flandres polos humanistas, sobre todo Erasmo. Participara da Asemblea de Ratisbona en 1524, que decidiu a reforma católica na Alemaña, constituíu cos cinco cantóns católicos primitivos de Suíza unha Unión Cristiá, en 1529, para combater a herexia protestante, asinou coa Liga de Esmalcalda o Tratado de Kadan e esmagou a revolta dos señores checos en BoemiaBohemia.
 
En 1540, Xoán Sexismundo Zápolya, fillo de Xoán con Sabela Jagelán, foi elixido rei de Hungría, inicialmente apoiado polo rei seu tío, Sexismundo II de Polonia e Lituania, irmán de Sabela. En 1549 un tratado foi asinado entre os Habsburgos e o soberano polaco: a Polonia ficou neutra no conflito cos Habsburgos e Sexismundo II casou con Isabel de Habsburgo, filla de Fernando I.
 
Como soberano de Austria, BoemiaBohemia e Hungría, Fernando I tentou centralizar e construír unha monarquía absoluta moderna. En 1527 editou unha constitución para os seus dominios hereditários (Hofstaatsordnung) e estabeleceu institucións á moda austríaca en Bratislava para [[Hungría]], en [[Praga]] para a [[BoemiaBohemia]] e en Wrockaw (Breslau) para a [[Silesia]]. Unha forte oposición dos nobres forzouno en 1559 a declarar tales institucións libres de supervisión polo goberno central en [[Viena]].
 
En 1551 chamou aos xesuítas a Viena e en 1556 a Praga, reactivando o arcebispado desta última. Príncipe católico, apoiou a Contra-Reforma.
Liña 44:
 
== Casamento ==
En 25 de maio de 1521, en Linz, Austria, Fernando casouse con Ana Jagelán, filla de Vladislau II da Hungría e da BoemiaBohemia e de Ana de Foix-Candale.
 
[[Categoría:Emperador do Sacro Imperio Romano]]