The Island of Dr. Moreau (filme de 1996): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 22:
}}
'''''The Island of Dr. Moreau''''' é unha adaptación cinematográfica do clásico de [[H. G. Wells]] ''[[A illa do Doutor Moreau]]'', dirixida por [[John Frankenheimer]] e estrada en [[1996]].
 
==Argumento==
No [[2010]], o Doutor Moreau ([[Marlon Brando]]) conseguiu lograr o imposible: empregar [[ADN]] humano en animais para facelos máis semellantes ás persoas á vez que reprime os seus instintos salvaxes para facelos sen maldade nin odio. Logo de moitos experimentos, só un dos especímenes resulta satisfactorio e ós restantes son drogados para evitar que tornen nas súas formas animais. Ademais son controlados por descargas eléctricas que lles producen os [[Chip|chips]] implantados no seu corpo.
 
A pesares diso, unha das bestas atopa o xeito de evitar a terapia eléctrica e cando llo revela a outros, os híbridos toman o control da illa.
 
Un dos aliados do Dr. Moreau é o Dr. Montgomery ([[Val Kilmer]]), un científico que se volve tolo pola súa intensa devoción ó Doutor Moreau e polo abuso intenso de drogas.
 
Edward Douglas é un negociador das [[Nacións Unidas]], e tamén o único sobrevivinte dun accidente aereo no mar. Este é levado á illa de Moreau polo Dr. Montgomery, e convértese no seu prisioneiro. Horrorizado polos monstruosos experimentos do Doutor Moreau e temeroso pola súa propia vida, Douglas recive axuda da filla do doutor, Aissa, para poder fuxir da illa, pero os seus plans trúncanse por culpa de Montgomery e os seus lacaios.
 
==Personaxes==