Mark Lanegan: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.1) (bot Eliminado: id:Mark Lanegan
Beninho (conversa | contribucións)
m lig int
Liña 25:
No ano [[1985]], Lanegan decide formar unha banda xunto cos irmáns Conner, chamada [[Screaming Trees]], polo nome dun pedal de distorsión para guitarra eléctrica. Con esta banda gravou 9 traballos incluíndo EP's e LP's entre [[1985]] e [[1996]]. O estilo do grupo centrouse no [[grunge]], fenómeno de moda en [[Seattle]], cidade veciña de Ellensburg onde estalou tal fenómeno. Malia ser considerados unha das bandas pioneiras de devandito estilo, a banda non alcanzou o mesmo éxito que outras formacións semellantes como [[Nirvana]], [[Pearl Jam]], [[Soundgarden]] ou [[Alice In Chains]].
 
Durante esta etapa, Lanegan empeza coa súa carreira en solitario, debutando con ''[[The Winding Sheet]]'' mediante a naquel momento famosa discográfica [[Sub Pop]]. O disco tiña un estilo que tiraba máis ao [[blues]] que os seus traballos con [[Screaming Trees]], invitando para a súa gravación a [[Kurt Cobain]] e [[Krist Novoselic]] de [[Nirvana (grupo musical)|Nirvana]] e a [[Mark Pickerel]], por aquel entón batería dos Trees. A pesar do gran número de cancións gravadas para o disco, só a version de [[Leadbelly]], "Where Did You Sleep Last Night" alcanzou a fama, chegando a interpretala [[Kurt Cobain|Cobain]] no seu disco ''[[MTV Unplugged In New York]]''. No resto de cancións, os instrumentos están tocados por Pickerel (batería), [[Jack Endino]] (baixo) e [[Mike Johnson]] (guitarra e compoñente máis tarde de [[Dinosaur Jr.]].
 
O seu segundo álbum foi ''[[Whiskey For The Holy Ghost]]'', reiterando no son [[blues]] que non presentaban os traballos dos Trees. Foi publicado en [[1994]].
Liña 31:
Un ano despois colaboraría co supergrupo [[grunge]] [[Mad Season]] no seu único álbum, ''[[Above]]'', aparecendo en dúas cancións axudando a compoñer e cantando parte delas.
 
Posteriormente, Lanegan regresou ao seu traballo con [[Screaming Trees]], gravando o seu último disco no ano [[1996]], titulado ''[[Dust (álbum de Screaming Trees)|Dust]]''. Este sería o último disco da banda, que se disolvería no ano [[2000]] ao non atopar discográficas onde gravar os seus traballos.
 
===Etapa post-Screaming Trees/QOTSA===