Deconstrución: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
traducido de es:Deconstrucción
 
m →‎Teoria: arranxiño
Liña 26:
Nesta filosofía tradicional, a obra literaria é considerada unha envoltura [[retórica]] que inclúe a sabedoría oculta da [[Idea]] que a persoa lectora debe espertar co [[beixo]] [[semioloxía|semiolóxico]]. Neste sentido, a obra literaria estaba considerada sempre como dotada dunha totalidade de sentido. A deconstrución afirma que a envoltura retórica é todo o que hai, polo que a obra de [[arte]] literaria é irredutible a unha idea ou concepto. A deconstrución nega á obra literaria o concepto de totalidade, ao afirmar que o texto non pode ser [[Aprehensión|aprehendido]] na súa globalidade, xa que a escritura circula nun movemento constante de remisión que converte a totalidade en parte dunha totalidade maior que nunca está presente. Deste modo é imposible enmarcar o texto, crear un interior e un exterior. ''«Il n’y a hors du texte»''.
 
En canto ao sentido, segundo a deconstrución é interminablemente [[alegoría|alegórico]], polo que carece de univocidade e obviedade. Á [[linguajxelinguaxe]] recoñéceselle unha gran complexidade e equívoca riqueza, polo que se aceptan dous tipos de lectura: a unívoca baseada na mensaxe transparente, e a deconstrutiva, que remite á plasticidade e corporeidade mesma dos significantes. A deconstrución nega a posibilidade da [[denotación]] pura, da [[referencialidade]] do texto. Ante a [[ditadura]] do canon, prantexa a [[democracia]] da [[polisemia]], establecendo que o acto de lectura xera infinitas [[diseminación]]s. Fronte a un texto será imposible determinar unha lectura como ''a boa''. As lecturas posibles serán así infinitas porque xamais lectura algunha acadará o bo sentido.
 
A deconstrución aplícase a todos os factores que poden funcionar como centro estrutural dun texto (significado transcendental, contexto, [[contido]], tema...), de modo que non poidan deter o libre xogo da escritura. Prantexa unha disociación hiperanalítica do signo, propoñendo unha subversiva posta en escena do [[significante]] afirmando que calquera tipo de texto (literario ou non) se presenta non só como un fenómeno de [[comunicación]], senón tamén de significación. A deconstrución realiza un prantexamento quiásmico, movéndose entre a negación-afirmación do [[símbolo]]. Afírmase a autonomía do signo respecto aos significados transcendentais e négase que a escritura só remita a si mesma.