Abrir o menú principal

Cambios

m
arranxos de formato
[[Ficheiro:Popper 1.jpg|thumb|right|Tumba de Karl Popper]]
'''Karl Raimund Popper''', nado o ([[28 de xullo]] de [[1902]] e finado o [[17 de setembro]] de [[1994]]), foi un filósofo da ciencia, nacido na [[Austria|austríaco]] e naturalizado inglés. É considerado por moitos como o filósofo máis influente do [[século XX]] en tematizar a ciencia. Foi tamén un filósofo social e político de estatura considerábel, un gran defensor da democracia liberal e un opoñente implacábel do [[totalitarismo]].
 
El é talvez mellor coñecido pola súa defensa da [[falseabilidade]] como un criterio da demarcación entre a ciencia e a non-ciencia, e pola súa defensa da sociedade aberta.
 
== BiografíaTraxectoria ==
Nacido en Viena en 1902 nunha familia de clase media de orixe xudía secularizada, educouse na Universidade de Viena. Concluíu o doutoramento en filosofía en 1928 e ensinou nunha escola secundaria entre 1930 e 1936. En [[1937]], a ascensión do [[Nazismo]] levouno a emigrar para a [[Nova Celandia]], onde foi profesor de filosofía en Canterbury University College, Christchurch. En 1946, foi vivir para Inglaterra, tornándose asistente (reader) de lóxica e de método científico na London School of Economics, onde foi designado profesor en [[1949]]. Foi nomeado cabaleiro da [[Raíña Isabel II]] en 1965, e electo para a sociedade real ([[Royal Society]]) en 1976. Retirouse da vida académica en [[1969]], a pesar de ter permanecido activo intelectualmente ata á súa morte en [[1994]]. Recibiu a insignia de Compañeiro de Honra (Companion of Honour) en [[1982]].
 
 
== Diferenzas entre Popper e Francis Bacon ==
 
Comparando o método científico de Karl Popper coa visión [[Francis Bacon (filósofo)|baconiana]] da ciencia, [[Ernest Gellner]] afirma en "Relativism and the social sciences" ("Relativismo e as ciencias sociais"):
 
 
=== Ligazóns externas ===
*[http://www.bbc.co.uk/bbcfour/audiointerviews/profilepages/popperk1.shtml Entrevista audio á BBC] {{en}}
 
[[Categoría:Personalidades da filosofía|Popper, Karl]]
42.487

edicións