Néstor (mitoloxía): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
arranxiños
Liña 1:
{{Outroshomónimos|Néstor}}
 
[[Ficheiro:Ac marbles.jpg|thumb|A loita de Néstor cos centauros forma parte da mitoloxía grega.]]
 
'''Néstor''' (en [[grego antigo]] Νέστωρ ''Néstôr'') era o fillo de [[Neleo]] e [[Cloris]], e rei de [[Pilos]]. Convertiuse en rei logo de que [[Heracles]] matara ó seu pai e a tódolos seus irmáns. Casou con [[Eurídice]] ou [[Anaxibia]], e entre os seus fillos cóntanse [[Perseo]], [[Pisístrato]], [[Trasimedes]], [[Pisídice]], [[Policaste]], [[Estrático]], [[Áreto]], [[Equefrón]] e [[Antíloco]].
 
==Mito==
Néstor foi un [[argonauta]], loitou contra os [[centauro]]s e participou na caza do [[xabarín de Calidón]]. El e os seus fillos Antíloco e Trasimedes loitaron xunto cos [[aqueos]] na [[Guerra de Troia]]. Aínda que Néstor xa era ancián cando a guerra comezou, contando supostamentepresuntamente con 110 anos, destacou pola súa bravura e as súas habilidades dialécticas. Na ''[[Ilíada]]'' aconsella a cotío ós guerreiros máis novos, e recomenda a [[Agamenón]] e [[Aquiles]] que se reconcilien. Sendo demasiado vello para participar nas batallas, dirixiu ás tropas de Pilos, conducindo o seu carro, sendo un dos seus cabalos morto alcanzado por una flechafrecha de [[Paris]]. Tamén era dono dun sólido escudo de ouro. [[Homero]] refírese a el frecuentemente co [[epítetos homéricos|epíteto]] «cabaleiro xerenio». Nos xogos funerarios de [[Patroclo]], Néstor aconsellou a Antíloco sobre como gañar na carreira de carros.
 
Aínda que Homero intenta claramente que os seus lectores vexan a Néstor como unha figura de ancián estadista digno de respecto, hai ocasionais momentos de humor á súa costa na ''Ilíada'', pois calquera consello que dá ós demais combatintescombatentes adoita servir de excusaescusa para soltar ós seus oíntes un locuaz e prolixo relato dos seus antigos momentos de gloria en circunstancias parecidas. Homero nunca chega a calificalo de pesado, pero o lector queda coa impresión de que así o considera malia todo.
 
Na ''[[Odisea]]'' Néstor regresa san e salvo a Pilos, e [[Telémaco]], o fillo de [[Odiseo]], viaxa ata alí para preguntar polo destino do seu pai. Néstor recíbeo amablemente e o agasalla profusamente como hóspede, pero é incapaz de darlle información algunha sobre o asunto. Eurídice, a súa esposa, e os seus fillos supervivintessuperviventes tamén aparecen na ''Odisea'': Equefrón, Estrático, Perseo, Áreto, Trasimedes e Pisístrato. De novo, a admiración de Homero cara el vese suavizada por un pouco de humor á súa costa, cando Telémaco, ó regresar a casa de Néstor tras visitar a [[Helena]] e [[Menelao]], urxe a Pisístrato para que lle permita embarcar inmediatamente para regresar ó seu fogar en lugar de sufrir unha nova dose do sentido da hospitalidade de Néstor.
 
A finais do século XX, nunhas escavacións en Pilos, descubríusedescubriuse unha bodega supostamentepresuntamente pertencente ó rei Néstor. Estímase que tiña unha capacidade duns 4.750 litros. Tamén se hallaronatoparon varios restos de ''[[pithos|pithoi]]'', grandes vasixas gregas.
 
O [[Museo Arqueolóxico Nacional de Atenas]] exhibe unha copa de viño con dúas asas completamente feita de ouro, coñecida como [[copa de Néstor]].