Lingüística diacrónica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{lingüística}}
A '''lingüística diacrónica''', tamén chamada '''lingüística histórica''' ou '''glotoloxía''', é a disciplina [[lingüística]] que estuda o [[Cambio lingüístico|cambio]] das [[lingua]]s co tempo e o proceso de [[cambio lingüístico]]. Polo tanto, a lingüística diacrónica ocupa un lugar destacado no estudo da evolución das linguas e a súa relación ou parentesco xenético.
 
Os resultados da lingüística diacrónica poden ser frecuentemente comparados cos doutras disciplinas como a [[historia]], a [[arqueoloxía]] ou a [[xenética]]. Nos estudos interdisciplinares deste tipo o que se pretende é reconstruí-la cronoloxía relativa de contactos entre pobos, rutas de expansión e influencias culturais mutuas.