Butch Vig: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
m Retiro marcador {{música en progreso}}
Beninho (conversa | contribucións)
m arranxiño
Liña 27:
 
=== Carreira como produtor ===
Butch Vig comezou a facerse un nome no negocio da música en [[1991]], cando se encargou da produción dos discos ''[[Gish]]'' de [[The Smashing Pumpkins]] e ''[[Nevermind]]'' de [[Nirvana (grupo musical)|Nirvana]], o disco que os faría coñecidos en todo o mundo. Grazas ao seu traballo, [[Billy Corgan]] convidou a Butch a producir o segundo disco dos Pumpkins, ''[[Siamese Dream[[]]'', editado en [[1993]], que foi todo un éxito tanto comercialmente como de crítica, e impulsou a carreira da banda cara o gran público. Vig tamén produxo dous aclamados álbums de [[Sonic Youth]], o ''[[Dirty]]'' de [[1992]] e o ''[[Experimental Jet Set, Trash and No Star]]'' de [[1994]].
 
Recentemente Vig traballou con [[Jimmy Eat World]] no seu sexto álbum, ''[[Chase This Light]]'', editado en outubro do [[2007]]. A sua primeira produción dunha banda inglesa foi o álbum ''All or Nothing'' de [[The Subways]], no ano [[2008]]. Tamén traballou con Tom Gabel de [[Against Me!]] no seu EP en solitario ''Heart Burns''. Encargouse, xunto coa banda, do oitavo álbum de [[Green Day]] ''[[21st Century Breakdown]]'', aparecido no [[2009]].