Lavadores, Vigo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Festas: repoño ligazón que retirara
recat
Liña 19:
Nos seus altos consérvanse esteos de varios dolmens en mal estado, así como achados soltos de machados de cuarzo paleolíticas.
 
Foi concello independente durante 104 anos. Creouse en [[1836]] dentro dun proxecto que pretendía a racionalización e centralización político-administrativa dos concellos da [[Provincia de Pontevedra]]. A súa creación supuxo a desaparición do antigo [[concello do Fragoso]], dividíndose as súas parroquias entre os concellos de [[Vigo]], [[Bouzas,Concello Vigode Bouzas|Bouzas]] e o novo de [[concello de Lavadores|Lavadores]]. En [[1941]] foi anexionado ao concello de [[Vigo]]. Durante os 10 primeiros anos da súa vida, formaban parte do concello as parroquias de Santa Cristina (a que é hoxe en día a parroquia de Lavadores), [[Candeán, Vigo|Candeán]], [[Cabral, Vigo|Cabral]], [[Beade, Vigo|Beade]], [[Bembrive, Vigo|Bembrive]], [[Valadares, Vigo|Valadares]] e [[Zamáns, Vigo|Zamáns]]. En [[1846]] a parroquia de [[Teis]] segregouse de [[Vigo]] e pasou a formar parte de Lavadores.
 
Debido á actividade sindical dos obreiros e mariñeiros a parroquia coñeceuse co nome de ''Rusia pequena'' ou ''ruisa chiquita'', aínda que a maioría dos militantes eran anarcosindicalistas ou de sindicatos libres agrupados na CNT pero que a propaganda do réxime meteu no saco de ''roxos''. Foi o último reduto de resistencia fronte ás tropas da guarnición e do castelo do castro de Vigo contra as barricadas obreiras, que comezou trala lectura do bando de estado de guerra na Porta do sol de Vigo e rematou co abandono das barricadas fronte ó cuartel da garda civil de Pardavila, onde foran asediados polo exército e a garda civil. Desde alí botáronse ó monte os superviventes da resistencia antigolpista de 1936. Lavadores foi un dos núcleos do agrarismo: en [[1912]] redactouse o [[Manifesto de Agosto]] e aínda queda en pé a vella dun grupo folclórico na rúa Ramón Nieto .