Airbus Beluga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.1) (bot Modificado: fa:ایرباس بلوگا
Beninho (conversa | contribucións)
m amplío de en.wiki
Liña 25:
 
En [[1991]] Aérospatiale e DASA, dous dos principais participantes en [[Airbus]], comezaron a desenvolver o substituto dos Super Guppy. O punto de partida foi o modelo de fuselaxe ancho [[Airbus A300]]: as ás, motores, tren de aterraxe, e a parte baixa da fuselaxe son os mesmos que os do A300, mentres que a parte superior da fuselaxe é unha enorme estrutura en forma de ferradura de de 7,7 metros de diámetro. Para facilitar o acceso á zona de carga dende a parte frontal sen ter que desconectar os sistemas eléctricos, hidráulicos e de control de voo, a cabina do A300 foi movida cara abaixo, e a estrutura de cola foi ampliada e reforzada para manter a estabilidade direccional.
 
A súa construción comezou en setembro de [[1992]], e o seu primeiro voo foi en setembro de [[1994]]. Despois de 335 horas de voos de proba conseguiu a certificación en outubro de [[1995]], e o A300-600ST "Beluga" entrou en servizo. Construíronse catro exemplares máis, un por anos, e na actualidade os cinco aínda operan regularmente. A súa tarefa principal é a de transportas compoñentes de [[Airbus]] para a súa ensamblaxe final en [[Toulouse]] ou [[Hamburgo]], pero tamén están dispoñibles para o aluguer, sendo usados para transportar gran variedade de cargas especiais, como compoñentes da estación espacial, grandes e delicadas pezas de arte, maquinaria industrial ou helicópteros enteiros.
 
[[Categoría:Aviación civil]]