Historia do Recife: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "A '''historia urbana do Recife''' desenvólvese entre o que era un lugar secundario ao servizo coma porto da capital da colonia portuguesa na rexión, Olinda, e a metrópole actu..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 5 de abril de 2011 ás 01:41

A historia urbana do Recife desenvólvese entre o que era un lugar secundario ao servizo coma porto da capital da colonia portuguesa na rexión, Olinda, e a metrópole actual capital do estado brasileiro de Pernambuco.

O porto no arrecife

 
Vista do "porto no arrecife".

En 1535 o donatário do Pernambuco pola coroa portuguesa, Duarte Coelho Pereira, fundou a poboación de Olinda nun outeiro a carón da costa do Atlántico. Dous anos despois na carta de concesión de foros de vila para Olinda menciónase o lugar do "arrecife dos navíos" (seis quilómetros ao sur, na foz do río Capibaribe) poboado por pescadores e mareantes [1].

En efecto, o Recife foi durante caseque dous séculos o resgardado porto de Olinda, a capital da colonia onde residía a aristocracia portuguesa, dignatarios e terratenentes da cana de azucre. En realidade o poboado ubicábase nun estreito e longo itsmo costeiro (barra) defendido das ondas do océano por un arrecife paralelo á costa [2][3].

Cidade Mauricia

 
Planta de Mauritsstad e o Recife.

A desprotección do porto do arrecife fronte aos ataques piratas e a ameaza de invasión pola Compañía Holandesa das Indias Occidentais levaron a erixir empalizadas e fortificacións. Pero en 1630 os holandeses ocuparon a colonia. De seguida (1637) foi deseñado fronte ao arrecife (onde o poboado tamén recibíu un primerio ordenamento) o plan para o trazado dunha nova cidade coma capital da Nova Holanda que nomeouse Mauritsstad (Cidade Mauricia por Mauricio de Nassau, gobernador ao servicio dos Paises Baixos).

O proxecto de Pieter Post impulsado por Mauricio de Nassau incluía un trazado regular con prazas, canais, diques, pontes [4], parques e xardíns (botánico e zoolóxico). O edificio máis notable era o pazo de goberno (Pazo de Friburgo hoxe desaparecido [5]) na punta norleste da illa de Santo Antonio onde Mauritsstad asentábase. Era una cidade moderna (con museo natural, observatorio, servizo de bombeiros e recollida de lixo) aberta á tolerancia relixiosa, o que atraíu a moitos europeos, entre éles comerciantes xudeus da península ibérica (primeira sinagoga do novo mundo).

Segregación de Olinda

Unha vez expulsados os holandeses (1654) houbo unha gradual reocupación do trazado da Cidade Mauricia ao xeito colonial portugués perdéndose en parte a regularidade e o rigor xeométrico. Por outra banda, a rivalidade latente entre a empobrecida nobleza azucreira de Olinda e a nova e próspera burguesía inmigrada (comerciantes portugueses ou "mascates") da cidade deixada atrás polos holandeses, estalou nun conflicto cando a segregación do Recife coma concello independente elevado a categoría de vila (Santo António das Cacimbas do Recife do Porto, 1709). Sofocada a Guerra dos Mascates polas tropas portuguesas veu a seres xerme do futuro independentismo brasileiro.

O desenvolvimento da nova vila foi rápido ao calor da riqueza xerada polo comercio do porto, e dos 16.000 habitantes que contaba en 1711 pasou a 25.000 en 1745. Ao longo do século XVIII foron construídas moitas igrexas e conventos [6] ampliándose de contínuo mediante recheos a superficie habitable tanto no arrecife coma na illa de Santo Antonio [7][8]. Na ourela norte do Capibaribe, onde Mauricio de Nassau construira a súa vila de lecer comunicada con Mauritsstad por outra ponte, desenrolouse o arrabalde de Boa Vista, futuro terceiro núcleo conformador do centro da cidade [9].

Século XIX

 
Panorama de Recife en 1855: en primeiro termo a Illa de Santo Antonio e á dereita o vello Recife co porto.

O século XIX foi o das revolucións que levaron á independencia do Brasil e ao Recife á capitalidade de Pernambuco (1827). No eido urbano supuxo a modernización da cidade de acordo aos tempos e estatus novos, especialmente durante a administración de Francisco do Rego Barros (1837-44) e segundo o modelo de París onde aquél residira (auga, saneamento, luz pública, hospitais, ferrocarril en 1858-70). As liñas xerais da vila mantivéronse cos tres núcleos principais unidos por novas pontes a través dos brazos de auga [10]. No lugar do arruinado Pazo de Friburgo na punta da illa de Sto. Antonio foi erixido o novo Pazo de Goberno e de diante a futura Praza da República co Teatro de Sta. Isabel [11][12].

Século XX

O forte crecemento comezou co século XX (duplicouse a poboación entre 1900 e 1920 ao pasares de 113.000h a 239.000). Continuou a laboura de modernización que implicou a destrucción de moito do pasado colonial no vello Recife [13]. A cidade creceu na beiramar coa urbanización da liña de praia de Boa Viagem no sur [14].

Na segunda metade do século a expansión acentuóuse configurando a metrópole actual [15].

Ficheiro:Praia de Boa viagem litoral Pernambuco.jpg
Vista da praia de Boa Viagem e o barrio homónimo no sur da cidade histórica.

Notas

  1. O poboado no arrecife dende a ourela onde estábase a construir Mauritsstad (ao fondo, no centro apenas divísase o caserío de Olinda no lonxano outeiro da costa; Frans Post [1]
  2. Mapa do arrecife, o itsmo co poboado e a vila de Olinda á dereita [2]
  3. Vista de época do arrecife propiamente dito defendendo o porto [3]
  4. A ponte do Recife dende a illa de Santo Antonio, unha das primeiras do novo mundo [4]
  5. A Huis Vrijburg (Pazo de Friburgo) no extremo norleste de Mauritsstad [5]
  6. Vista do Recife no século XVIII; Santo Antonio á esquerda e o vello Recife á dereita [6]
  7. Evolución urbana do poboado no arrecife, 1637-1739 [7]
  8. Mapas do Recife en 1776 [8]
  9. Mapa do Recife no século XIX [9]
  10. Mapa do Recife, 1894 [10]
  11. O novo Pazo do Goberno e o Teatro Sta.Isabel na futura Praza da República; vista dende o Recife vello (actual ponte Buarque) [11]
  12. Vista aérea moderna da Praza da República [12]
  13. Destruccións no vello Recife para modernizar a rede urbana [13]
  14. Mapa do Recife nos anos cincuenta [14]
  15. Mapa da Rexión Metropolitana do Recife [15]