Trygve Lie: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.6.4) (bot Engadido: be-x-old:Тругвэ Лі
Sen resumo de edición
Liña 7:
Logo de graduarse como [[avogado]] en [[1919]], foi conselleiro xurídico da Federación Norueguesa das Asociacións Sindicais en [[1922]]. Catro anos despois foi elixido Secretario Executivo Nacional do Partido Laborista.
 
En [[1935]], Lie foi Ministro de Xustiza e mantivo o cargo ata [[1939]] en que pasou a ocupar o cargo de Ministro de Comercio e Industria. Durante o estalido da Segunda Guerra Mundial, converteuse en Ministro de Abastecemento e Transporte. Como tal desenvolveu as medidas provisionais que salvaron ás tropas norueguesas dos Aliados, tras a invasión alemá en abril de [[1940]]. En xuño de [[1945]] foi nomeado ''Ministro de Asuntos Exteriores'', e logo ratificado no cargo en outubro do mesmo ano polo novo goberno.
 
O [[1 de febreiro]] de [[1946]], foi nomeado [[Secretariado das Nacións Unidas|Secretario Xeral]] das [[Nacións Unidas]]. Trygve Lie chegou ás Nacións Unidas cun coñecemento amplo do labor que ía cumprir esta Organización no mundo: fora testemuña do nacemento da ONU como xefe da delegación norueguesa que participou na Conferencia de San Francisco (abril a xuño 1945) onde se elaborou a Carta das Nacións Unidas.