Floyd Westerman: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 32:
}}
'''Floyd "Red Crow" Westerman''', tamén coñecido como '''Kanghi Duta''' ("Corvo vermello" en [[galego]]) nado o [[17 de agosto]] de [[1936]], e morto o [[13 de decembro]] de [[2007]] foi un músico, político e actor [[sioux]]. Despois dunha longa carreira como cantante de [[música country]], nos derradeiros anos da súa vida, adicouse á interpretación, actuando en numerosos filmes de nativos americanos no cine e na televisión. Tamén traballou como político activista loitando polas causas dos nativos americanos.
 
==Traxectoria==
Antes de comezar a traballar no cine e na televisión, Westerman tiña unha gran reputación como cantante de [[country]]. Durante a súa carreira de músico, Westerman colaborou con [[Jackson Browne]], [[Willie Nelson]], [[Bonnie Raitt]], [[Harry Belafonte]], [[Joni Mitchell]], [[Kris Kristofferson]], e [[Buffy Sainte-Marie]]. Na década dos 1990s, cantou con [[Sting]] para recadar fondos para a conservación dos bosques primaris.
 
Westerman debutou no cinema en ''[[Renegades]]'' ([[1989]]), pero acadou maior sona no seu papel do "Xefe Dez Osos" en ''[[Dances with Wolves]]'' ([[1990]]), e no filme de [[Oliver Stone]] [[The Doors]] ([[1991]]). En setembro de [[2007]], Westerman remata o seu último traballo cinematográfico no filme ''[[Swing Vote]]'' ([[2008]]).
 
As súas aparicións en televisión inclúen o papel do "Tío Ray" en [[Walker, Texas Ranger]], "O que agarda" en [[Northern Exposure]], e múltiples aparicións como "Albert Hosteen" en [[The X-Files]].
 
Westerman é recoñecido pola súa vocación politica pola defensa das causas dos nativos americanos. El participou no [[American Indian Movement]].
 
==Filmografía==
*''[[Powwow Highway]]'' (1989) (voz)
*''[[Renegades]]'' (1989)
*''[[Dances with Wolves]]'' (1990)
*''[[Son of the Morning Star]]'' (1991)
*''[[The Doors (filme)|The Doors]]'' (1991)
*''[[Clearcut]]'' (1991)
*''[[Rio Shannon]]'' (1993)
*''[[The Broken Chain]]'' (1993)
*''[[Lakota Woman: Siege at Wounded Knee]]'' (1994)
*''[[500 Nations]]'' (voice) (1995)
*''[[Buffalo Girls]]'' (1995)
*''[[Siringo]]'' (1996)
*''[[The Brave]]'' (1997)
*''[[Dusting Cliff 7]]'' (1997)
*''[[Grey Owl]]'' (1998)
*''[[Graduation Night]]'' (2003)
*''[[Atlantis: Milo's Return]]'' (voz) (2003)
*''[[Dreamkeeper]]'' (2003)
*''[[Hidalgo]]'' (2004)
*''[[Truth and Dare...]]
*''[[Tillamook Treasure]]'' (2006)
*''[[Comanche Moon]]'' (2008)
*''[[Swing Vote]]'' (2008)
 
==Véxase tamén==