Bedřich Hrozný: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Servando2 (conversa | contribucións)
Liña 7:
 
=== O desciframento do hitita ===
Chamado a filas na [[Primeira guerra mundial]], tivo ocasión de estudar as taboíñas cuneiformes ata o daquela sen descifrar atopadas en [[BogazköiBoğazköy]], no xacemento que despois habería ser identificado como [[Ḫattuša]], a capital do [[Imperio hitita]]. Aplicando o [[método combinatorio]] deu deducido, partindo dos [[ideograma|ideogramas]] xa coñecidos, o senso das outras palabras que constituían unha determinada frase. Illou e descifrou así diferentes elementos, entre os que estaban unha desinencia ''-an'' con función de [[acusativo]] [[singular]], unha [[Raíz (lingüística)|raíz]] [[Verbo|verbal]] ''ad-'' / ''eza-'' co significado de "comer", nas formas ''ezateni'' ("vós comeredes") e ''adanzi'' ("eles comerán"); ''vadar'' co significado de "auga"<ref name=villar>Francisco Villar, ''Los indoeuropeos y los orígenes de Europa'', pp. 346-347.</ref>.
 
A aplicación do [[método comparativo]] propio da [[indoeuropeística]] permitiulle inmediatamente a Hrozný establecer estreitas conexións entre a lingua que viña de descifrar, o [[Lingua hitita|hitita]], e outras [[linguas indoeuropeas]]: ''ad-'' / ''eza-'' era inmediatamente comparábel co [[Lingua latina|latín]] ''edo'', ao [[Lingua alemá|alemán]] ''essen'', ao [[Lingua checa|checo]] ''jìsti''; ''vadar'' ao [[Lingua inglesa|inglés]] ''water'', ao alemán ''Wasser'', ao checo ''voda''. A primeira frase descifrada por Hrozný en hitita foi unha fórmula litúrxica: «Agora vós comeredes pan, despois beberedes auga»<ref name=villar />.