Calgary: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (bot Engadido: ms:Calgary
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: simple:Calgary; cambios estética
Liña 2:
'''Calgary''' é a cidade máis grande da provincia de [[Alberta]] ([[Canadá]]). Está situada no Sur da provincia, nunha rexión de outeiros e mesetas a unha distancia aproximada de 80 km ao Leste das [[montañas Rochosas]].
 
== Características ==
É a terceira cidade do Canadá por poboación, contando, segundo o censo de abril de 2006, con 988.193 habitantes (1.079.310 na metrópole urbana en 2006, o que a coloca no quinto posto metropolitano canadense). O « corredor Calgary-[[Edmonton]] » é a zona urbana máis poboada entre Toronto e Vancouver. Tomou o seu nome dunha praia sita na illa de [[Mull]] en [[Écosse]].
 
Liña 9:
Calgary é a cidade máis próspera na provincia máis rica do Canadá.
 
== Xeografía ==
Calgary está localizada na transición entre os escalóns das [[montañas Rochosas]] e as [[Pradeiras canadensas]]. A altitude de Calgary é aproximadamente de 1.048 metros (3.440 pés) sobre o nivel do mar no centro de negocios da cidade (''Downtown''), e de 1.083 metros (3.556 pés) no aeroporto. A cidade propia cobre unha área territorial de 721 km² (ano [[2001]]).
 
Está sobre dous ríos principais que a atravesan. O [[río Bow]] é o maior e flúe do Oeste ao Sur. O [[río Elbow]] corre do Norte para o Mediodía ata confluír co Bow case no centro comercial de Calgary. Dado que o clima da rexión é, en xeral, frío, unha certa densidade de vexetación só aparece nos vales dos ríos, nalgunhas ladeiras da cara sur dos outeiros e no [[Fish Creek Provincial Park]].
 
=== Clima ===
[[Ficheiro:Klimadiagramm-metrisch-deutsch-Calgary-Kanada.png|thumb|righ|200px|Gráfico de temperaturas e precipitacións]]
Calgary ten un [[clima continental]] propio de terras altas, con longos, pero moi variábeis, invernos e veráns curtos e cálidos. O clima está fortemente influído pola altitude da cidade e a proximidade ás [[montañas Rochosas]]. Aínda que os invernos de Calgary son fríos, o [[vento Chinook]], quente e seco, que sopra regularmente sobre a cidade desde o [[Océano Pacífico]] durante a época invernal, pode supor un alivio do frío. Tales ventos poden elevar as temperaturas ata 15º C (27º F) en poucas horas, e poden durar varios días. Aproximadamente nunha metade dos días invernais os máximos diarios están por encima dos 0º C (32º F), e mesmo nalgúns mediodías do inverno a temperatura pode atinxir os 20º C (68º F).
 
Calgary é unha cidade de temperaturas extremas, con [[gradiente térmico|gradientes térmicos]] que van desde −45 °C (-49 °F) en 1893, ata un máximo de 36 °C (97 °F) en 1919. As temperaturas baixan do -30º °C (-22º F) uns cinco días por ano, aínda que estas temperaturas de frío máximo non acostuman durar moito máis. Segundo [[Environment Canada]] as medias diarias en Calgary van desde os −9 °C (16 °F) en xaneiro, ata os 16 °C (61 °F) no mes de xullo.
 
== Historia ==
Primixeniamente a zona foi ocupada por indios, dos que está documentada a súa presenza desde hai uns 11.000 anos; en tempos máis próximos era territorio da tribo [[Blackfoot]] (Pés Negros).
 
Liña 26:
 
Cando, a mediados do século XX foron descubertos en Alberta grandes xacementos de [[petróleo]], Calgary foi o centro do conseguinte boom económico, tanto que, durante os [[anos 1970|anos 70]], a poboación se redobrou. No [[1981]], logo da promoción por parte do goberno do Programa Nacional da Enerxía, o éxito económico comezou a callar. Aínda na actualidade a urbe atrae moitos residentes doutras cidade canadenses.
 
{{Link FA|eo}}
 
[[Categoría:Cidades de Canadá]]
 
{{Link FA|eo}}
 
[[af:Calgary]]
Liña 87:
[[sco:Calgary]]
[[sh:Calgary]]
[[simple:Calgary, Alberta]]
[[sk:Calgary]]
[[sr:Калгари]]