Joaquim Ventura: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoacas (conversa | contribucións)
m +{{illado}}
Liña 6:
Actualmente reside en Premiá de Mar (Maresme). Licenciado en Filoloxías Galega e Portuguesa pola Universitat de Barcelona [[1993]] e doutor en Filoloxía Románica pola mesma universidade [[1997]], coa tese ''El Grup Nós i la cultura europea: autoretrat duna generació'', que obtivo a calificación de apto cum laude por unanimidade. Gañou o Premio Letras Galegas da [[Universidade de Santiago de Compostela]] nas edicións de [[1992]] e [[1993]].
 
Alén de poeta en catalán (Premi Universitat de Barcelona, [[1992]]; Premi Philologi, [[1993]]), en galego colabora en prensa como columnista de opinión ([[Galicia Hoxe]]) e como crítico literario en diversas publicacións, entre elas [[Faro de Vigo]]. Foi finalista do Premio Nacional de la Crítica, e fixo a edición anotada de ''Doutrina e ritual da Moi Nobre Orde Galega do Santo Grial'', de [[Vicente Risco]] ([[Xunta de Galicia]], [[1997]]).
 
Alén de investigador da literatura galega tanto da súa época medieval como da contemporánea, con máis de trinta traballos, tamén é tradutor ao catalán de autores galegos como [[Eduardo Blanco Amor]], [[Ramón Otero Pedrayo]], [[Álvaro Cunqueiro]] e [[Fermín Bouza-Brey]]. Colaborou no proxecto da Enciclopedia Galega de Hércules Edicións co capítulo da narrativa entre 1916 e 1936.