Misión Biolóxica de Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
categorías
Sen resumo de edición
Liña 8:
 
* '''Parcela'''. Consta de doce hectáreas, das que dez son cultivables. Está dividida en lotes cuxa división e denominación obedecen ó seu uso orixinal. Nun deles consérvase un bosque autóctono e outros están dedicados a [[xardín]]s, nos que destaca a colección de [[camelia]]s. Na parcela hai varias construcións, entre as que destacan un cenador, un [[estanque]] e diversos conxuntos de mesas e bancos de pedra. Consérvanse tamén un hórreo e un [[lagar]].
* '''[[Pazo da Carballeira de Gandarón]]'''. Foi construído polo arcebispo Sebastián Malvar a finais do [[século XVIII]] como residencia familiar.
* '''Edificio Miguel Odriozola'''. Foi construído na década de [[1940]] para a cría de porcos, dentro dunha liña de investigación sobre [[xenética]] animal iniciada por [[Miguel Odriozola]] na anterior década. Ó se extinguir esta investigación en [[1987]], decidiuse a remodelación do edificio, que foi realizada entre [[2002]] e [[2003]] polo arquitecto Mauro Lomba.
* '''Edificio Cruz Gallástegui'''. Foi construído na década de [[1960]] polo arquitecto [[Alejandro de la Sota]], sendo a primeira obra deste arquitecto. A súa construción tiña por obxecto albergar as oficinas que ata o momento estaban no pazo. O edificio foi ocupado en [[1969]].