Najaf: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.6.4) (bot Engadido: pnb:نجف
Cheluco (conversa | contribucións)
m a última frase non viña moito a conto neste artigo, era máis sobre a situación do xiísmo en Iraq
Liña 5:
En Najaf está a tumba de [[Ali ibn Abi Talib]] (coñecido como Imán Ali), que os xiís consideran o primeiro imán. A cidade é agora un gran centro de peregrinación para os musulmáns xiís. Tan só [[A Meca]] e [[Medina]] reciben máis peregrinos islámicos.
 
Sobre Meshed Ali (Mausoleo de Alí) construíuse unha gran mezquita. Preto da cidade está Wadi-us-Salaam (Val da Paz), o máis grande cementeriocemiterio do mundo islámico (e posiblemente do mundo). Ao longo dos séculos numerosos hospicios, escolas, bibliotecas e conventos sufís contruíronse arredor do templo, o que converteu a cidade no centro teolóxico e académico do xiísmo. Moitos deses edificios destruíunos o goberno de [[Saddam Hussein]], ao construír unha autoestrada no medio do Wadi-us-Salaam.
 
Moitos dos grandes eruditos e teólogos (como [[Allameh Tabatabaei]], [[Aiatolá Khomeini]] e [[Aiatolá Sistani]]) estudaron en Najaf. A cidade, xunto a [[Qom]] en [[Irán]], considérase o centro teolóxico do xiísmo.
Liña 16:
En [[1915]] a cidade caeu baixo o goberno do [[Imperio Británico]], en [[1918]] unha rebelión matou o gobernador británico da cidade, os británicos sitiaron a cidade, cortándolle o suministro de auga ata que a rebelión acabou.
 
Durante o goberno de Saddam Hussein, debido ás afinidades relixiosas con Irán, restrinxíronse as actividades relixiosas dos xiítas. En [[1991]], durante a [[Guerra do Golfo]], unha revolta xií foi duramente reprimida polo exército iraquí, e o resentimento dos xiís contra do goberno non se esqueceu.
 
[[Categoría:Cidades de Iraq]]