María Castaña: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
maravedí > marabedí
Liña 10:
 
== Cultura popular ==
María Castaña é unha figura [[historia|histórica]] e [[lenda]]ria <ref>[http://foeminas.lugo.es/2007/Marzo/historia_de_mujeres_gal.htm ''María Castaña''], un artigo de Micaela Fernández Darriba.</ref> coñecida en toda a [[Península Ibérica]] co nome de '''''Maricastaña''''' <ref>[http://www.galespa.com.ar/mariacastanhabiografia.htm María Castaña], en [http://www.galespa.com.ar/ Galicia espallada]</ref>. Tamén eé protagonista de textos literarios. É frecuente aludir a ela para referirse ao pasado remoto <ref>[http://www.galiciadigital.com/pcd/Biblioteca/narrativa/contos/vellos_pra_nenos/maria_castana.html ''Nos tempos de María Castaña''], conto popular</ref>.
 
En [[1986]] o concello de Lugo propuxo o seu nome para unha rúa da cidade, pero a proposta atopouse co rexeitamento da poboación, debido ao descoñecemento da súa historia. Con todo, e en parte pola labor pedagóxica do profesor e investigador [[Isidoro Rodríguez Pérez]], que colaborou na creación da asociación María Castaña, no ano 2000 finalmente se puxo o nome da fidalga a unha das rúas da cidade lucense.