Colectivismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Mjbmrbot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (bot Engadido: sh:Kolektivizam
Xoacas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 6:
 
== Política ==
Algúns políticos colectivistas sosteñen que diferentes grupos teñen intereses competitivos, e que os intereses e características individuais están, de feito, vinculados aos intereses e características do seu grupo. Nesta liña de pensamento, considérase que as diferenzas entre grupos son máis significativas que as diferenzas individuais dentro dos grupos. Outros políticos colectivistas salientan a noción de igualdade e solidariedade, e ven a todos os seres humanos como parte dun mesmo grupo con intereses similares. Manteñen que a competencia e rivalidade, entre individuos ou pequenos grupos, é ante todo contra-produtiva ou prexudicial, e deberá entón remplazarsesubstituírse por algunha forma de cooperación.
 
As críticas políticas ao colectivismo sosteñen que este salienta o grupo suprimindo os [[dereitos humanos|dereitos individuais]], por exemplo, segundo os críticos do colectivismo, a [[democracia]] pode ser vista como unha forma de colectivismo cando [[regra da maioría|a maioría do grupo]] é capaz de diminuír a liberdade de individuos en [[minoría]], simplemente porque constitúen a maioría. Así, os opoñentes ao colectivismo argumentan que unicamente os individuos [[dereitos fundamentais|poden lexitimamente ter dereitos]], non os grupos, e avogan pola [[imperio da lei|protección constitucional]] dos dereitos individuais ante o mandato da maioría.