José Monzo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Ensada (conversa | contribucións)
Referenzas?-Desfíxose a edición 1881494 de 83.45.40.196 (conversa)
Liña 1:
'''José MonzóMonzo Ríos''', nado na [[A Tenencia, Sada, Sada|Tenencia]], [[Sada]], en [[1906]] e morto en Sada en [[1938]], foi un [[sindicato|sindicalista]] [[anarquismo|anarquista]] galego.
 
==Traxectoria==
===Primeiros anos===
De novo tivo que emigrar a [[Nova York]]. Na volta houbo de compaxinar os labores do mar, ao pertencer a unha familia mariñeira, os MonzóMonzo, co labor sindical.
 
==Carreira sindical==
En novembro do [[1930]] fundou o [[Centro Cultural Obrero]], que daría lugar un ano máis tarde ao [[Sindicato de Oficios Varios de Sada]], inserido na [[CNT]], do que sería presidente. Coa proclamación da República, en [[1931]], crea o [[Grupo Anarquista Luz]], que se adheriría á [[Federación Anarquista Ibérica]], sendo substituído no [[1935]] polo grupo [[Grupo Anarquista Nueva Vida|Nueva Vida]], tamén integrado na [[FAI]]. De feito José MonzóMonzo pertenceu á sección radical do movemento libertario. Constancia diso deixóunola ao participar no congreso de sindicatos do [[12 de febreiro]] do [[1935]] en [[Santiago de Compostela]], que daría lugar á saída da dirección da [[Confederación Rexional Galaica]] dos militantes moderados, entre eles o dirixente [[José Villaverde Velo]], sendo el un dos asinantes do manifesto no que se propuñan as bases para o desenvolvemento do anarquismo galego segundo os preceptos faístas. A súa participación na folga xeral do [[1933]] custaríalle unha tempada na cadea.
 
Dedicouse tamén á [[oratoria]], destacando, aparte dos mitins que pronunciou en Sada, aquel que, xunto a outros representantes do movemento libertario galego, ofrecera na praza de touros da [[A Coruña|Coruña]] co gallo das primeiras sospeitas do alzamento.
 
===A Guerra Civil e a represión===
No comezo da guerra, José MonzóMonzo e [[Juan Antonio Suárez Picallo]] organizarán, xunto a [[José Púbul]], o alcalde [[Antonio Fernández Pita]] e o ex alcalde e galeguista [[Justo Rodríguez Pérez|Justo Rodríguez]], a resistencia contra as tropas franquistas. Mais pouco tardaría en caer a vila de Sada, o [[23 de xullo]], baixo a columna dirixidas por Oliete.
 
Monzo agocharíase, nun comezo, na súa propia casa, para máis tarde fuxir do acoso da [[Garda Civil]] e esconderse no faiado dunha amiga da familia. Finalmente ten que deixar Sada e cruzar a ría, agochándose en [[Miño]] e máis tarde nos illotes do Cabrón e Carboeira, situados fronte a [[Perbes]] e [[Pontedeume]], respectivamente. A familia aproveitaba a súa condición mariñeira para levarlle provisións, mais finalmente enfermou e houbo regresar a [[Sada]], onde, o [[4 de xullo]] do [[1938]], optou por rematar coa vida antes de que llela arrebatasen os fascistas, aparecendo o seu cadáver na estrada de [[Fontán, Sada, Sada|Fontán]] e sendo soterrado no cemiterio do [[Fiunchedo]].
Liña 23:
 
 
[[Categoría:Personalidades da política de Galicia|MonzóMonzo, José]]
[[Categoría:Personalidades galegas do anarquismo|MonzóMonzo, José]]
[[Categoría:Nados en Sada|MonzóMonzo, José]]
[[Categoría:Guerra Civil española en Galicia|MonzóMonzo, José]]
 
[[es:José Monzo]]