Foro (contrato): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
Xas (conversa | contribucións)
Liña 42:
Aínda que o proxecto do Código civil de 1851 non chegou a aprobarse, a lexislación sucesiva en materia de propiedade territorial (principalmente, a Lei hipotecaria de 1861) foi modificando a natureza do foro. Dende os anos 60 do século XIX apareceu unha tendencia doutrinal e política que pretendía darlles unha solución definitiva ós daquela denominados foros de Galicia e Asturias. Isto abriu un debate en torno ó foro que tivo como primeira expresión o proxecto de lei de redención dos foros elaborado polo deputado galego [[Justo Pelayo Cuesta]] en 1864. Tratouse dunha aposta a favor dunha solución redentora que, non obstante, se topou cunha forte resistencia da sociedade galega, como amosaron os debates que tiveron lugar no Congreso Agrícola Gallego, desenvolvido en Santiago de Compostela no verán daquel ano. O resultado máis rechamante das discusións do congreso foi xustamente o de manter o statu quo na cuestión foral. Dado que non era posible unha solución de carácter reversionista (favorable ós dominios directos), evitouse a saída do redencionismo.
 
Durante a I República aprobouse, e púxose en práctica, unha lei de redención de foros, defendida polo republicano [[JoséJuan Manuel Paz NóvoaNovoa]]. Estivo en vigor apenas seis meses (de agosto de 1873 a febreiro de 1874), de modo que foron poucos os foreiros que puideron acceder á redención das súas rendas forais. Pero tivo o mérito de abrir a primeira fenda no vello edificio do foro galego. A solución á súa indefinición legal (temporal e perpetua á vez) era a súa eliminación, mediante a indemnización ó perceptor de rendas por parte do pagador. O redencionismo, que tamén se fora abrindo paso na política desamortizadora dende a época de Madoz, era a posición claramente triunfante fronte a un posible reversionismo que carecía de lexitimidade.
 
Dende 1874 en adiante, ata 1926, sucedéronse varios proxectos de redención foral, que non lograron traducirse en leis (entre os máis coñecidos, o de [[Montero Ríos]], en 1886, e o de [[Eduardo Vincenti]], en 1907). O definitivo Código civil de 1889 estableceu a necesidade de que, por unha lei especial, se regulara a redención de foros. Publicáronse daquela textos xurídicos e históricos importantes sobre a cuestión foral (Murguía, Gil Villanueva, López de Lago, Pérez Porto, Lezón...), pero a decisión política de resolvela non chegou ata un decreto lei de 1926, froito da política agraria de Primo de Rivera, atenta á promoción do mercado interior e á posición dos produtores agrarios. O decreto de Primo de Rivera regulou definitivamente o termo dos contratos de foro mediante unha capitalización elevada das rendas, pero soportable pola inflación que se producira despois da I Guerra Mundial.