Diferenzas entre revisións de «Inquisición»

lig ints
(lig ints)
 
=== Inquisición Medieval ===
A Inquisición Medieval surxiu en [[1184]] na rexión do [[Languedoc]], co fin primeiramente de combater a herexía dos ''cátaros'', unha seita que rexeitaba os sacramentos católicos. Despois de condenados polo 4<sup><small>o</sup></small>º Concilio de Letrán en [[1215]] fíxose unha [[Cruzada]] contra estes, e xulgamentos inquisitoriais contra os sobreviventes.
 
O procedemento da Inquisición consistía en:
* '''Punición'''. Durante o xulgamento o acusado permanecía na prisión, e as conclusións anunciábanse na praza pública, nunha cerimonia chamada ''sermo generalis'' (sermón xeral). Como punicións, as máis brandas eran a peregrinación obrigatoria, usar unha [[cruz]] amarela por toda a vida, confisco de propiedades, exilio, ou prisión perpetua. A [[pena de morte]] reservábase para os casos considerados máis graves, porque significava que a Igrexa non conseguira salvar a alma do ''pecador''. Cando se aplicaba, queimábase o ''infiel'' en praza pública, e a execución non a realizaban relixiosos, senón as autoridades seculares, pois a Igrexa tiña prohibido matar.
 
=== Inquisición en España ===
''Véxase o artigo [[A {{AP|Inquisición en España]]''}}
 
En [[España]], a Inquisición actuou baixo o control da [[Monarquía]] de [[1478]] ata [[1834]]. Foi o resultado da [[Reconquista]] Española das mans dos [[musulmán]]s, e a política de conversión de [[Xudaísmo|xudeus]] e musulmáns españois ao [[catolicismo]].
 
=== Inquisición en Portugal ===
''Véxase o artigo [[A {{AP|Inquisición en Portugal]]''}}
=== Inquisición Romana ===
 
=== Inquisición Romana ===
O papa [[Paulo III, papa|papa Paulo III]] estableceu, en [[1542]] unha congregación permanente composta de cardeais, cuxa misión era manter e defender a integridade da [[Fe (relixión)|fe]] e examinar e suprimir erros e falsas doutrinas. Ese grupo, chamado entón ''Congregación do Santo Oficio'' e hoxe ''Congregación para a Doutrina da Fe'', facía e fai parte da Curia Romana, e tornouse o corpo supervisor das Inquisicións locais. O [[papa]] indicaba un dos cardeais para presidir as reunións. Había normalmente outros dez cardeais na Congregación, así como un Prelado e dous asistentes, todos escollidos entre a Orde Dominicana. O Santo Oficio tamén posúe un grupo internacional de consultores, especialistas experimentados en [[teoloxía]] e [[Dereito Canónico]], que aconsellan en cuestións específicas.
 
En [[1616]] os consultores deran a súa opinión sobre a afirmación que o [[Sol]] non se movía e era o centro do [[Universo]], e que a [[Terra]] se movía ó redor do sol, dicindo que era "tola e absurda filosoficamente", e a primeira era "formalmente herética", mentres a segunda era "ao menos un erro de fe" en teoloxía. Iso puxo o libro ''De Revolutionibus Orbium Coelestium'' de [[Nicolás Copérnico]] no ''Index Librorium Prohibitorium'' (Índice dos Libros Prohibidos) ata que se corrixiu. Os mesmos consultores xulgaron [[Galileo Galilei]] en [[1633]] cando este tamén afirmou que a Terra xiraba ó redor do Sol. Galileo foi condenado por "grave sospeita de herexía" e os seus traballos todos foron prohibidos.