Televisión de Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 50:
As obras da súa sede comezaron o [[8 de outubro]] de [[1984]], a dirección xeral de medios de comunicación tivo que crear unha rede de reemisores<ref>Mª Luz Ríos Rodríguez e Mª Carmen Saavedra Vázquez (coord.) ''As institucions galegas na historia''. USC, 2004, páxina 608</ref> para que puidese transmitir, finalmente inaugurou as súas emisións ás 19:30 do [[24 de xullo]] de [[1985]] cos actos en directo da súa inauguración<ref>[http://25anos.crtvg.es/tvg25/sabiasque/1985/197 25 anos da TVG]</ref> e pola noite a retransmisión en directo dos actos do [[Día do Apóstolo]] en Santiago. O [[25 de xullo]] emitiu a súa primeira película, a curtametraxe ''[[Mamasunción]]'' de [[Chano Piñeiro]]. Logo destas probas suspendeu a transmisión, emitindo nos meses seguintes 150 horas en probas<ref>Xosé López García: "Tres décadas de televisión en Galicia", CGC, Santiago, páxina 52</ref> ata o [[1 de setembro]], cando comezou a programación regular, con 39 horas de emisión á semana. Actualmente emite 168 horas á semana e preto do 70% é de produción propia. {{Cómpre referencia}}
 
Ó longo da historia, os diversos directores da canle foron Guillermo Montes, [[Xosé Luis Blanco Campaña]], [[Gerardo González Martín]], Xerardo Rodríguez, Xosé Rodil Lombardía, Arturo Maneiro, Anxo Quintanilla, Suso Iglesias e actualmente Rosa Vilas.
 
O [[31 de decembro]] de [[1996]] a canle '''Galeusca TV''', da que tamén formaban parte [[ETB]] e [[TV3]], iniciou as súas emisións regulares cara [[América]] vía [[satélite]] e o [[17 de maio]] do ano seguinte a TVG comezou a transmitir pola [[internet]]. Desde a desaparición da Galeusca TV, a TVG emite para o resto de España e Europa por satélite e redes de cable a canle [[Galicia TV Europa]] e para América [[Galicia TV América]].