Evento de Cando: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Komun (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Komun (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
O '''Evento de Cando''' ou '''Suceso de Cando''' refírese a unha explosión ocurrida na aldea de Cando ([[Outes]], [[galicia]]) a mañán do [[18 de xaneiro]] de [[1994]].
 
En principio non se atopara o lugar do impacto. Dous días despois, o departamento de astronomía da [[Universidade de Santiago de Compostela]] comezou unha investigación sobre o acontecido, encabezada polos doctores [http://www.docobo.org/ Xosé Ánxo Docobo] e [http://web.usc.es/~oatamaz/ Vakhtang Tamazian Arzakanian]. Dous meses despoi, en [[abril]] de [[1994]], faise pública unha posíbel zona de impacto: «''Un [[cráter]] de 25 [[metros]] de diámetro por 1,5 de profundidade. [[Pinus|PinñeirosPiñeiros]] de máis de 20 metros de altura desplazáranses a uns 60 metros de distáncia, suxerindo un gran impacto. Todo este conxunto atopábase a uns 300 metros do lugar máis cercano [[cando]] e a casa máis preta, ficaba a uns 75 metros de distáncia.''».
 
Xeneralmente acéptase coma explicación oficial a de tipo [[xeología|xeolóxico]] formulada por [http://http://www.asu.cas.cz/person/ceplecha.html Zdeněk Ceplecha] do [http://www.asu.cas.cz/ Observatorio de Ondejov] ([[República Checa]]), colaborador na investigación orixinal.<ref>X.A. Docobo, R.E. Spalding, Z. Ceplecha, F. Diaz-Fierros, V. Tamazian, Y. Onda, "Investigation of a bright flying object over northwest Spain, 1994 January 18", Meteoritics & Planetary Science, Vol. 33</ref> Segundo Ceplecha, o incidente poido ocorrer por unha burbulla de gas subterráneo que agromou ata a superficie nunha erupción repentina, debida probábelmente a un corremento de terras. A rápida acción [[convección|convectiva]] tería ocasionado unha separación da [[carga eléctrica]] abondo coma pra provocar unha faísca e incendiar o gas.