Eleccións presidenciais de Polonia de 2010: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 27 de marzo de 2011 ás 20:12

As eleccións presidenciais de Polonia 2010 determinaron quen ía exercer a presidencia polaca de 2010 a 2015. A primeira rolda ocorreu o 20 de xuño, mais, como ningún candidato tivo maioría absoluta de votos, realizouse unha segunda volta o 4 de xullo, sendo finalmente elixido Bronislaw Komorowski. No momento das eleccións, Komorowski xa exercía o cargo de Presidente interino de Polonia, substituíndo a Lech Kaczyński, morto en abril de 2010, nun accidente aéreo cerca da base aérea de Smolensk. O irmán de Lech Kaczyński, Jarosław Kaczyński, foi o outro candidato que acompañou a Komorowski na segunda volta.

Contexto

As eleccións adiantáronse cerca de tres meses debido á morte do Presidente Lech Kaczynski, que ademais aspiraba concorrer á reelección. O senador Jerzy Szmajdzinski, pre-candidato presidencial para a Alianza da Esquerda Democrática, tamén morreu no accidente aéreo.

Despois de falecer o Presidente o 10 de abril de 2010, a Constitución determinaba que o voceiro do Sejm, Bronislaw Komorowski, anunciara nun prazo de dúas semanas a convocatoria de eleccións no prazo de 60 días.

22 candidatos presentáronse ante a Comisión Nacional Electoral co requisito de mil sinaturas de apoio,[1] pero despois a maioría dos candidatos foron marxinados das eleccións por non cumprir o requisito final para recoller cen mil sinaturas antes do 26 de maio.[2]

Resultados

Primeira volta

Partido/Alianza Candidato Primeira volta: 20 de xulo de 2010
Votos Porcentaxe
Plataforma Cívica   Bronisław Komorowski 6.981.319 41'54 %
Lei e Xustiza   Jarosław Kaczyński 6.128.255 36'46 %
Alianza da Esquerda Democrática   Grzegorz Napieralski 2.299.870 13'68 %
Wolność i Praworządność   Janusz Korwin-Mikke 416.898 2'48 %
Partido Popular Polaco   Waldemar Pawlak 294.273 1'75
Independente   Andrzej Olechowski 242.439 1'44 %
Autodefensa da República de Polonia Ficheiro:Andrzej Lepper.jpg Andrzej Lepper 214.657 1'28 %
Dereita da República Ficheiro:Marek Jurek.jpg Marek Jurek 177.315 1'06 %
Partido Polaco do Traballo   Bogusław Ziętek 29.548 0'18 %
Loitando por Solidariedade   Kornel Morawiecki 21.596 0'13 %
   Total votos válidos 16.806.170 100 %
Fonte: Comisión Electoral Nacional de Polonia.[3]
 
Resultados da primeira volta por Voivodías
 
Resultados da primeira volta por Powiats


Segunda volta

Partido/Alianza Candidato Segunda volta: 4 de xullo de 2010
Votos Porcentaxe
Plataforma Cívica   Bronisław Komorowski 8.933.887 53'01 %
Lei e Xustiza   Jarosław Kaczyński 7.919.134 46'99 %
   Total votos válidos 16.853.021 100 %
 
Resultados da segunda volta por Voivodías
 
Resultados da segunda volta por Powiats

Notas

  1. "Polish politicians warn election campaign could turn 'nasty'". RIA Novosti (en inglés). 27 de abril de 2010. Consultado o 27 de marzo de 2011. 
  2. "10 presidential hopefuls make the cut". Polskie Radio (en inglés). 7 de maio de 2010. Consultado o 27 de marzo de 2011. 
  3. Comisión Electoral Nacional de Polonia (20 de xuño de 2010). "OBWIESZCZENIE PAŃSTWOWEJ KOMISJI WYBORCZEJ" (PDF) (en polaco). Consultado o 27 de marzo de 2011. 

Véxase tamén

Outros artigos