Abrir o menú principal

Cambios

m
Cando a dinastía [[Přemysl|premislida]] se asentou na actual zona do [[Castelo de Praga]],<ref>Granville Baker, [http://books.google.com/books?id=j4N0InUI-EwC&pg=PA44&dq=vy%C5%A1ehrad&hl=cs&ei=4I-GTMf2KsPDswbAlLiaBQ&sa=X&oi=book_result&ct=result&resnum=10&ved=0CFYQ6AEwCTgU#v=onepage&q=vy%C5%A1ehrad&f=false ''From a Terrace in Prague''], pg. 44, Echo Library (2008), ISBN 1406827770</ref><ref name="Ehrenberger">Ehrenberger, Tomaš ''The Most Beautiful 88 Castles'', pg. 114, Kartografie Praha a.s., ISBN 80-7011-745-1</ref> os dous castelos mantiveron esferas de influencia opostas durante ao redor de dous séculos. Este segundo asento dos [[Reino de Bohemia|soberanos bohemios]] foi erixido sobre unha [[rocha]] escarpada directamente sobre a marxe dereita do [[río Moldava]] no [[século XX]]. O cumio de Vyšehrad foi durante a segunda metade do [[século XI]], cando Ladislau II trasladou a súa sede dende o [[Castelo de Praga]], e a fortelaza orixinal foi remodelada como un complexo que comprendía residencia palacega do soberano e unha igrexa. O período de crecemento rematou ao redor do ano [[1140]], cando o príncipe Sobeslao trasladou de novo a corte cara o Castelo de Praga.
 
Cando o [[Emperador do Sacro Imperio Romano|emperador]] [[Carlos IV]] comezou a reformar o Castelo de Praga para medrar até ás súas dimensións actuais [[século XIV]], o castelo de Vyšehrad deteriorouse e foi abandonado como residencia real. Con todo, o complexo foi posteriormente renovado polo propio Carlos IV, construíndose novas fortificacións, con dúas novas portas e un Palacio Real mentres que a Basílica de Padro e San Paulo foi reparada. A principios da [[guerras husitas]], Vyšehrad foi conquistado e saqueado polos [[Jan Hus|husitas]] en [[1420]] e novamente en [[1448]] polas tropas do rei Xurxo de Podiebrad. O castelo foi abandonado e converteuse en ruínas. Someteuse a unha renovación no [[século XVII]], cando a [[Habsburgo|dinastía dos Habsburgo]] se fixo cargo das [[Países Checos|Terras Checas]] despois da [[Guerra dos Trinta Anos]] e foi remodelado en [[1654]] como fortaleza [[Barroco|barroca]], converténdoo nun centro de formación para o Exército de [[Austria]], para ser posteriormente incorporado como parte da [[muralla]] barroca de Praga.
 
A forma actual de Vyšehrad como residencia fortificada,<ref name="Ehrenberger"/> coas grandes murallas de [[ladrillo]], bastións e o ''Tábor'' e as ''Portas de Leopoldo'', é resultado da remodelación barroca. O ''Cihelná brána'' (do [[checo]]: ''porta de ladrillo'') é unha estrutura de estilo imperial de [[1841]]. A parte principal da Porta de Špička, partes da [[ponte]] [[Románico|románica]] e o [[miradoiro]] [[gótico]] en ruínas de ''Libušina lázeň'' son os únicos fragmentos que se conservan da [[Idade Media]]. A rotonda románica de San Martiño data da segunda metade do [[século XI]]. Do século XI é tamén a Basílica dos Santos Pedro e Paulo que domina Vyšehrad, posteriomente remodelada na segunda metade do [[século XIV]], e novamente entre [[1885]] e [[1887]] con [[Arquitectura neogótica|estilo neogótico]]. Vyšehrad e a súa área circundante convertéronse en parte da cidade en [[1883]]. Hoxe a zona é un dos distritos catastrais de Praga.
 
== Galería ==
49.439

edicións