Vyšehrad: Diferenzas entre revisións

fortaleza en Praga
Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
m Nova páxina: "thumb|right|300px|Vyšehrad as seen over the [[Vltava River]] '''Vyšehrad''' é un castelo situado na cidade de Praga, cap..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 26 de marzo de 2011 ás 23:40

Vyšehrad é un castelo situado na cidade de Praga, capital da República Checa. Foi probablemente erguido durante século X, nun outeiro sobre o río Moldava. Situado dentro do castelo está a Basílica de San Pedro e San Paulo, así como o cemiterio de Vyšehrad, onde están o restos de moitos checos famosos como Antonín Dvořák, Bedřich Smetana, Jaroslav Heyrovský ou Alphonse Mucha.

Vyšehrad as seen over the Vltava River

Unha lenda local sostén que Vyšehrad foi o lugar onde houbo o primeiro asentamento do que logo se convertería en Praga, aínda que até o momento non hai ningunha proba que sosteña a teoría.

History

Cando a dinastía premislida se asentou na actual zona do Castelo de Praga,[1][2] os dous castelos mantiveron esferas de influencia opostas durante ao redor de dous séculos. Este segundo asento dos soberanos bohemios foi erixido sobre unha rocha escarpada directamente sobre a marxe dereita do río Moldava no século XX. O cumio de Vyšehrad foi durante a segunda metade do século XI, cando Ladislau II trasladou a súa sede dende o Castelo de Praga, e a fortelaza orixinal foi remodelada como un complexo que comprendía residencia palacega do soberano e unha igrexa. O período de crecemento rematou ao redor do ano 1140, cando o príncipe Sobeslao trasladou de novo a corte cara o Castelo de Praga.

Cando o emperador Carlos IV comezou a reformar o Castelo de Praga para medrar até ás súas dimensións actuais século XIV, o castelo de Vyšehrad deteriorouse e foi abandonado como residencia real. Con todo, o complexo foi posteriormente renovado polo propio Carlos IV, construíndose novas fortificacións, con dúas novas portas e un Palacio Real mentres que a Basílica de Padro e San Paulo foi reparada. A principios da guerras husitas, Vyšehrad foi conquistado e saqueado polos husitas en 1420 e novamente en 1448 polas tropas do rei Xurxo de Podiebrad. O castelo foi abandonado e converteuse en ruínas. Someteuse a unha renovación no século XVII, cando a dinastía dos Habsburgo se fixo cargo das Terras Checas despois da Guerra dos Trinta Anos e foi remodelado en 1654 como fortaleza barroca, converténdoo nun centro de formación para o Exército de Austria, para ser posteriormente incorporado como parte da muralla barroca de Praga.

Galería

Notas

  1. Granville Baker, From a Terrace in Prague, pg. 44, Echo Library (2008), ISBN 1406827770
  2. Ehrenberger, Tomaš The Most Beautiful 88 Castles, pg. 114, Kartografie Praha a.s., ISBN 80-7011-745-1

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas