Dodecafonismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (bot Engadido: en:Twelve-tone technique
Piquito (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{música en progreso}}
[[Ficheiro:Arnold Schoenberg la 1948.jpg|thumb|right|Schönberg, inventor do dodecafonismo.]]
O '''dodecafonismo''', do grego ''dodeka'': 'doce' e ''fonos'': 'son') é un sistema de organización de alturas [[Música|musicais]] creada na década de [[1920]] polo compositor austríaco [[Arnold Schönberg]]. Trátase dunha forma de música atonal, cunha técnica de composición na cal as 12 notas da [[escala cromática]] son tratadas como equivalentes, é dicir, suxeitas a unha relación ordenada que, a diferenza do sistema maior-menor da tonalidade, non establece [[xerarquía]] entre as [[Nota musical|notas]].
 
==Historia==
A principios do [[século XX]], os compositores buscaban xeitos alternativos de organización das notas musicais logo do esgotamento do [[sistema tonal]],<ref>[http://mat.fc.ul.pt/noticias/doc/Abstracts/CarlotaSimoes270303/csimoes.html''A reorganização do som no século XX (Resumo da palestra de Carlota Simões)'']. Sitio do Departamento de Matemática da Universidade de Lisboa).</ref> posteriormente denominadas [[atonalismo]], que non estiveran baseadas na polarización dun eixo harmónico central como ocorre no sistema tonal.
 
Entre [[1916]] e [[1923]] Schönberg cesou na súa producción debido en parte á [[Primeira Guerra Mundial|Guerra]], xa que foi chamado a filas, mais a causa fundamental da súa crise creativa foi esencialmente artística. Schönberg chegara a un punto no que non confiaba máis no carácter "intuitivo" característico da música que compuxera antes da Guerra. A pesar da liberdade que lle proporcionaban os métodos compositivos librese nada sistemáticos da súa música atonal, chegou a consideralos inaxeitados como base para composicións máis extensas e desenvoltas. Mais para un compositor tan comprometido como el coa irrevocabilidade histórica da evolución musical dirixida cara ao cromatismo integral, a solución non podía estar encamiñada cara ao diatonismo ou un novo tipo de tonalidade, senón que precisaba dun sistema específico para a música cromática, en certo modo, análogo co tonal, capaz de incorporar as novas melodías disonantes e as estruturas de acordes propias da música do século XX dentro dun esqueleto concebido dun xeito máis consciente e ordenado sistemáticamente.
 
Schönberg ceu que a súa misión histórica era a de desenvolver un sistema novo e durante sete anos traballou na creación deste sistema. Sen embargo non foron anos de inactividade, xa que o compositor austríaco seguíu a traballar nunha serie de proxectos, entre os que destaca ''[[Die Jakobsleiter]]'' (''A escala de Xacobe'') que o mantivo ocupado de xeito intermitente entre [[1917]] e [[1922]], e na que comezou a explorar as súas novas ideas estruturais.
 
En [[1921]], Schönberg confioulle a un dos seus discípulos que realizara un descubrimento que:{{Cita|''aseguraría a supremacía da música alemá durante os próximos cen anos''.<ref name=AS>Morgan: ''La música del siglo XX''</ref>}} Este descubrimento era o dodecafonismo, que segundo a súa opinión, permitiría a continuación dos valores musicais tradicionais seguindo o camiño que xa percorrera a evolución musical do século XX. En escritos posteriores explica que creou este sistema para poder ter un control máis consciente sobre os novos materiais cromáticos que ata aquela se empregaran de xeito intuitivo. {{Cita|''Como nun soño... totalmente convincente; como se este soño tivera existido. Trátase da crenza de que estes novos sons obedecen ás leis da natureza e o noso xeito de pensar. Orde, lóxica, comprensibilidade e forma non poden estar presentes sen a obediencia a este tipo de leis. Todo esto obriga ao compositor a seguir o camiño da exploración onde debe atopar, senon leis or regras, alo menosas formas que expliquen o carácetr disonante destas harmonías e das súas sucesións''<ref name=AS/>}} Para Schönberg, este sistema era capaz de ofrecer e remprazar as diferenzas estruturais que antes proporcionaba a tonalidade.
 
Contra o ano [[1923]], logo destes seis anos sen publicarse ningunha obra súa, Schönberg formulou un "''método de compoñer con doce notas onde cada unha delas se podía relacionar únicamente con outra''".
 
==Principios compositivos==
Segundo este sistema, a base de toda composición é unha serie que consta de doce sons ou clases de notas da oitava, dispostos en calquera orde e sen ningún tipo de relación xerárquica. As notas da serie poden empregarse de xeito sucesivo a modo de melodía, ou simultáneamente como harmonía ou contrapunto, en calquera oitava e con calquera tipo de ritmo. Outra característica fundamental deste sistema compositivo é o compositor debe esgotar as notas da serie antes de comezar outra vez a serie en calquera das súas formas, que serían as seguintes:
* P: Sería a serie orixinal, constrúese a serie ordenando libremente cada unha das notas da [[escala cromática]]:
[[Ficheiro:Example tone row.png|400px]]
* R: A serie retrogradada ou en espello, é dicir a mesma serie que a orixinal mais comezando dende a última nota desta ata a primeira:
[[Ficheiro:Retrograde tone row.png|400px]]
* I: É o nome que se lle dá á inversión da serie, isto é, comezando na mesma nota da serie se invirten os intervalos, de xeito que por exemplo, unha quinta xusta ascendente pode pasar a ser unha cuarta xusta ascendente ou unha quinta xusta descendente:
[[Ficheiro:Inversion tone row.png|400px]]
* RI: Esta sería a retrogradación da inversión ou a retrogradación da serie invertida, esto se faría do mesmo xeito que R mais tendo como base I:
[[Ficheiro:Retrograde inversion tone row.png|400px]]
 
Por outra banda, algunhas das catro formas básicas da serie poden transportarse para comezar noutra nota. O transporte indícase xeralmente engadindo un número que indica a cantidade de semitonos ascendentes que hai dende a serie orixinal, por exemplo:
* P-0 sería a denominación da serie orixinal
* P-1 sería a serie orixinal transportada unha segunda menor ou un semitono.
* P-5 sería a serie orixinal transportada unha cuarta xusta ou cinco semitonos.
* R-3 indica que a serie retrogradada está transportada unha segunda aumentada ou tres semitonos.
 
As catro formas básicas da serie, multiplicadas polos doce transportes posibles dan un total de 48 versións posibles da serie orixinal, mais normalmente non se empregan todas, senón que o emprego dunhas ou doutras depende do tipo de obra que se quera compoñer.
 
Aínda que a serie determina a sucesión de notas empregada nunha peza, non sinala nin os seus rexistros, nin as súas intensidades nin as súas duracións, elementos que si formarían parte posteriormente nas series do [[serialismo integral]] desenvolvido principalmente por [[Olivier Messiaen]], [[Karlheinz Stockhausen]] e [[Pierre Boulez]].
 
==Referencias==
{{referencias}}
 
==Bibliografía==
* DONALD J. GROUT & CLAUDE V. PALISCA: ''Historia de la música occidental (vol. 2)'', Editorial Alianza Música
* ROBERT P. MORGAN: ''La música del siglo XX'', Editorial Akal
* ''Style and Idea: Selected Writings of Arnold Schönberg'', Editorial Leonard Stein (Nova York)
* PERLE, George: ''Serial Composition and Atonality: An Introduction to the Music of Schönberg, Berg, and Webern''
* WUORINEN, Charles: ''Simple Composition''
 
== Véxase tamén ==