Terremoto de Lisboa de 1755: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Paradanta (conversa | contribucións)
Paradanta (conversa | contribucións)
Liña 27:
Existe un completo estudo elaborado por investigadores da [[Universidade de Vigo]] e da [[Universidade Politécnica de Madrid]] sobre os efectos do sismo na daquela existente [[provincia de Tui]].<ref>[http://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=2291610 Amaré, M. P., Orche, E. e Puche O. (2005) ''Efectos del terremoto de Lisboa de 1 de noviembre de 1755 en la antigua provincia de Tuy (Galicia)'' Cuadernos Dieciochistas, nº6, páxs. 117-152]</ref> Nel sinálase que non houbo vítimas mortais entre a poboación e que os danos materiais foron escasos, agás nalgunhas localidades. O maremoto asociado provocou ondas na costa de ata 3 metros de altura, tamén con escasos efectos.
 
O estudo baséase nos datos fornecidos por 22 informes da época. No concello de [[Tui]] afírmase que se ''sentiu mexer a terra con tanta violencia que se erguían as pedras da sepultura''. En [[Vigo]], ''o mar sobresaíu dos seus límites naturais máis de dúas [[braza]]s (3,3 m)<ref>Nota dos autores</ref>), medrando e minguando por espazo de seis a sete veces (...). Neste País, a auga do mar acostuma a baixar e subir de doce en doce horas e no devandito cuarto de hora fíxoo seis ou sete veces''. En [[Baiona]] descríbese como a furia do [[tsunami]] partiu unha embarcación en dous. En [[Covelo]] sufriu desperfectos a [[igrexa]] de [[Mourentán, Covelo|Mourentán]]. Outras construcións danadas foron as igrexas de [[Reboreda, Redondela|Reboreda]], [[Forcadela, Tomiño|Forcadela]], [[Tomiño, Tomiño|Tomiño]], [[Goián, Tomiño|Goián]] e [[Amorín, Tomiño|Amorín]], todas situadas no que hoxe é o concello de [[Tomiño]], e o [[mosteiro de Oia]], ademais de numerosas casas dos veciños da provincia, mais ''sen particular perigo''.
 
Un aspecto curioso que sinala o estudo é que non hai indicios de que ningunha das persoas que padeceron o tremor razoasen sobre a orixe do mesmo, limitándose a pregarlle a [[Deus]] pola súa fin. Soamente hai un informe de Baiona no que se intenta dar unha explicación científica ao fenómeno. Di o seguinte: