Denis Diderot: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (bot Engadido: lv:Denī Didro
mSen resumo de edición
Liña 1:
{{Personalidades en progreso}}
[[Ficheiro:Louis-Michel_van_Loo_001.jpg|thumb|250px|Denis Diderot]]
'''Denis Diderot''', nado en [[Langres]] o [[5 de outubro]] de [[1713]] e finado en [[París]] o [[31 de xullo]] de [[1784]], foi un [[escritor]] e filósofo [[Francia|francés]] pertencente ao movemento literario da [[Ilustración]].
Liña 6 ⟶ 5:
Pertencía á burguesía provinciana que só podía ascender mediante a carreira eclesiástica. O seu desexo de progresar socialmente levouno a [[París]], onde entrou en contacto cos círculos literarios máis avanzados e logrou formar no seu entorno o grupo de intelectuais que se fará cargo da ''[[Encyclopédie|Enciclopedia]]''. É o autor máis completo do [[século XVIII]] francés, pois compón obras de todo tipo de xéneros que se poden encadrar nas tres tendencias literarias da época: [[Rococó]], nos seus comezos, [[Neoclasicismo]] e [[Prerromanticismo]], a partir do seu compromiso coa ''Enciclopedia''.
 
=== Etapas na súa obra ===
* A súa '''primeira etapa''', ata [[1753]], significa a súa entrada no mundo literario francés. Os seus primeiros traballos xa son moi polémicos. En ''Pensamentos filosóficos'' ([[1746]]), defende a supremacía da razón sobre Deus. A tese, exposta en ''Carta sobre cegos'' de que a intelixencia humana non se debe a Deus, senón que se forma a través da experiencia e por medio dos sentidos levarao ao cárcere acusado de [[ateísmo]]. A este período tamén pertence a obra ''Les bijoux indiscrets'' (''As xoias indiscretas''), obra de ambiente galante e bastante frívola, na que denuncia os costumes cortesáns convertendo aos órganos sexuais femininos en narradores de sucesos que só eles coñecen. Pero a grande empresa desta etapa foi a [[Enciclopedia]], que será determinante na súa obra literaria.
 
* A '''segunda etapa''' da súa obra esténdese entre os anos [[1753]] e [[1761]]. Neste período, o autor céntrase no proxecto da [[Enciclopedia]]e na produción teatral, pola que adquire renome. O teatro de Diderot apártase das modalidades tradicionais e configura un novo xénero coñecido como [[drama burgués]] e definido polos seguintes trazos:
 
# Loubanza á burguesía e crítica ao clero.
# Situación no seno familiar os problemas políticos.
# O protagonista é un [[burgués]] [[ilustrado]], [[ateo]], [[científico]], moralista, moi traballador e aforrador.
# Destaca a explosión sentimental das personaxes, caracterizadas pola alternancia entre as súas actitudes razoables e o pranto mediante o cal representan a súa sensibilidade.
 
:Nesta etapa, Diderot tamén compuxo obras doutros xéneros. Na novela ''A relixiosa'' denuncia a hipocrisía da Igrexa e os intereses económicos ocultos tralas vocacións relixiosas. ''O sobriño de Rameau'' é unha obra que marca a evolución do autor cara o pesimismo. Trátase dun diálogo entre un filósofo (progresista, positivo e moral) e un parasito (bufón e medio louco) sobre o sentido da existencia. A discusión termina en empate, sen que Diderot deixe claro o sentido da existencia humana e dos esforzos reformadores ilustrados.
* A '''Terceira etapa''' da súa obra iníciase co recoñecemento internacional de Diderot en [[1761]]. A obra máis destacada desta etapa é ''Jacques o fatalista'', unha novela moi innovadora e libre na que o seu protagonista se sente perdido no labirinto do Estado. Con ela, Diderot abre a porta ao [[Romanticismo]] e anticipa un dos temas máis relevantes da [[novela existencial]] do [[século XX]].
 
* A '''Terceira etapa''' da súa obra iníciase co recoñecemento internacional de Diderot en [[1761]]. A obra máis destacada desta etapa é ''Jacques o fatalista'', unha novela moi innovadora e libre na que o seu protagonista se sente perdido no labirinto do Estado. Con ela, Diderot abre a porta ao [[Romanticismo]] e anticipa un dos temas máis relevantes da [[novela existencial]] do [[século XX]].
 
{{DEFAULTSORT:Diderot, Denis}}