Abraham Gottlob Werner: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (bot Engadido: pt:Abraham Gottlob Werner
Xoio (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 4:
Educouse en [[Freiberg (Saxonia)|Freiberg]] e en [[Leipzig]] ([[Saxonia]]), onde estudou [[dereito]], [[minería]] e [[mineraloxía]], sendo en [[1775]] nomeado inspector e profesor da pequena, pero influínte, Academia de Minería de Freiberg, onde permaneceu até a súa morte.
 
Fundador da moderna [[mineraloxía]] e da [[Xeoloxía|xeognosia]], os seus traballos contribuíron na consideración da mineraloxía e a xeoloxía como ciencias distintas, e foi o primeiro científico que clasificou os minerais sistematicamente. Por iso considérase como o ''pai da mineraloxía moderna''.
 
Foi tamén o propoñente dunha controvertida teoría sobre a [[estratigrafía]] e fundou, defendeu e divulgou o [[neptunismo]], outa non menos controvertida teoría que explicaba a orixe das rochas, hoxe obsoleta. Tamén elaborou teorías sobre a estratificación das rochas e a formación das rochas volcánicas.