Escola de Socioloxía de Chicago: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Rubi (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 30 de xaneiro de 2005 ás 21:25

Denomínase así a un conxunto de intelectuais da Universidade de Chicago. Este movemento tivo o máximo auxe nos anos 20 e chegou á decandencia co falecemento de Mead en 1931 e a marcha de Park en 1933. Entre as súas numerosas aportacións destaca o interaccionismo simbólico. A escola de Chicago estivo formada por:

  • George Herbert Mead. Naceu en Massachusets (USA) e estudiou nas universidades de Leipzig e Berlín. Posteriormente trasladouse á Universidade de Michigan onde entraría en contacto con Cooley e John Dewey; filósofo co cal entablaría gran amizade. Este último foi contratado pola Universidade de Chicago e pediu coma condición que se lle ofrecese un posto de docente a Mead. Éste trasladouse xunto con Dewey e permaneceu en Chicago ata a súa morte en 1931

Aportacións de Mead. Escribiu Mind, self and society. Na súa obra fala do concepto mente que entende como facultade para aprender e manexar símbolos cuxos significados son compartidos por diferentes persoas. Soamente mediante esta facultade pódese establacer unha linguaxe baseada en significados establecidos por unha convención. Mead considera que o acto de pensar é unha acción mediante a cal tomámos conciencia de nos mesmos e aprendemos a coñecer que comportamentos son socialmente aceptables. Facemos polo tanto unha serie de construccións mentais de forma que sabemos que papel debemos cumplir en diferentes situacións en relación ´´o noso comportamento. Esa construcción denomínase outro xeralizado e componse mediante o agregado das impresións que teñen os demáis de nós.