El Agricultor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Xas (conversa | contribucións)
lig int
Liña 4:
'''''El Agricultor''''' foi unha publicación periódica de ideoloxía [[agrarismo|agrarista]] editada pola "[[Sociedad de Labradores y Agricultores de Riotorto]]" e a "[[Unión Agrícola y Pecuaria de Villaodrid y Villameá]]". Coñeceu dúas épocas. A primeira, como "[[revista]] mensual de agricultura", cun total de 113 entregas, estendeuse de xullo de [[1907]] a decembro de [[1916]]. A segunda, como [[periódico]] quincenal [[agrarismo|agrario]], con novo director e novo formato, reapareceu e desapareceu en 1919. A revista [[en cuarto]] de 16 páxinas cada número converteuse na segunda época nun periódico de [[formato berlinés]] de só 4 páxinas.
 
== Historia e características ==
Entre os fundadores iniciais estaban [[Elías Santomé Santamarina]], [[Saturnino Santomé Santamarina]], [[Manuel María García Castro]], [[Venancio Gavín Gallo]] e [[Adolfo Rivas Bermúdez]]. O director da publicación da primeira época foi Elías Santomé. Na segunda época o director foi [[Francisco García Martínez]].
 
A publicación imprimíase en Mondoñedo nos talleres de [[César González Seco]], editor e político que andado o tempo sería sogro do escritor e xornalista [[Álvaro Cunqueiro]]. Aínda que o berce da revista é [[Riotorto]], a súa área de influencia abrangueu nos anos seguintes os concellos limítrofes de [[Vilameá, A Pontenova|Vilameá]] e [[VilaodrizVilaoudriz, A Pontenova|Vilaoudriz]] (que forman o actual concello da [[A Pontenova|Pontenova]]), [[Lourenzá]], [[Meira]], [[A Pastoriza]], e [[Mondoñedo]].
 
O activismo agrario da zona aparece vencellado ó movemento reformista da [[Solidaridad Gallega]] da [[A Coruña|Coruña]]. Os líderes do agrarismo local, e en particular Venancio Gavín, participan na organización da [[Federación Agropecuaria del Norte Galaico]] e nas varias [[Asembleas agrarias]] celebradas en [[Monforte]] e [[Ribadavia]]. Politicamente, a Sociedade agraria de Riotorto e o seu órgano de expresión nacen co obxectivo de loitar contra o caciquismo e desprazar o alcalde [[José García Éstoa]], que levaba máis de 20 anos rexendo o concello, e o seu sucesor, [[José María Bermúdez Leibas]]. Durante o mandato deste último, a publicación da sociedade competirá con ''[[El Eco de Riotorto]]'', quincenario fundado por [[José María Sampedro]] para contrarrestar a súa propaganda. Estratexicamente, os activistas locais da denominada "Candidatura Social" posicionáronse nun primeiro momento como opositores ó liberalismo [[Montero Ríos|monterista]] de [[Avelino Montero Villegas]] dominante no distrito mindoniense, aínda que a partir de [[1913]] tanto a sociedade coma a publicación cambiaron de orientación ata se colocaren practicamente á súa sombra.
A revista foi apoiada pola colonia de Riotorto na [[A Habana|Habana]] e [[México]] nos momentos críticos pero sostíñase sobre todo das subscricións e da publicidade, que sempre foi bastante limitada. A ''Lista de Subscritores'' que se conservou contén máis de 600 nomes cos seus correspondentes enderezos. Na segunda época, o número de subscritores foi menor pero o propio periódico falaba nun dos primeiros números de que se agardaban 100 subscricións en Lourenzá.
 
A lingua da información tanto na revista mensual coma no periódico quincenal foi o [[lingua castelá|castelán]], pero a poesía e os textos prosísticos de caractercarácter dialogal e popular aparecen escritos na maior parte en [[Lingua galega|galego]], cos trazos dialectais característicos da zona. O poeta oficial da revista foi [[Manuel María García Castro]], natural da [[A Órrea, Riotorto|Órrea]] e ex-seminarista en [[Seminario de Mondoñedo|Mondoñedo]]. Ademais de varios poetas do norte da provincia de [[Lugo]], a revista incluía ás veces poemas de autores clásicos como [[Curros Enríquez]], [[Alfredo Brañas]], [[Aureliano Pereira]] e [[Noriega Varela]].
 
Unha edición facsimilar da cabeceira riotortense cos números que se conservaron (da primeira época todos menos seis, e da segunda dous dos oito) foi publicada pola [[Sociedade Anónima da Xestión do Plan Xacobeo]] a iniciativa da Asociación [[Arrincadeira]] en [[maio dode [[2007]], en catro volumes, co gallo do centenario da súa aparición. O xornal ''[[El Progreso (xornal)|El Progreso]]'' tamén se sumou á celebración coa publicación dunha escolma de artigos representativos da revista e do periódico que se repartiu coa edición local da [[A Mariña|Mariña]] o [[Día das Letras Galegas]].
 
==Véxase tamén==
Liña 27:
*[http://www.arrincadeira.eu/| Web da Asociación A Arrincadeira con Noticias da Presentación do Facsímile de El Agricultor]
 
[[Categoría{{DEFAULTSORT:Prensa|Agricultor]]}}
[[Categoría:Prensa]]
[[Categoría:Revistas]]
[[Categoría:Riotorto]]