Robert L. Carneiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
creo artigo
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 22 de marzo de 2011 ás 14:33

Robert Leonard Carneiro, nado en Nova York o 4 de xuño de 1927, é un antropólogo estadounidense e actual director do Museo Americano de Historia Natural.

Traxectoria

Fillo de portugueses emigrados aos Estados Unidos, doutorouse en Antropoloxía na Universidade de Michigan en 1957.

Un dos máis importantes evolucionistas sociais[1], é coñecido maiormente pola súa teoría sobre a formación do estado, a teoría da circunscrición de Carneiro, que sostén que son as limitacións do contorno, as presións demográficas e os conflitos bélicos os que acaban por conformar os estados soberanos[2]. Ten feito tamén sobranceiras contribucións á teoría xeral da evolución cultural, como as que relacionan os resultados dos conflitos bélicos e a súa reincidencia cos ecosistemas en que tales enfrontamentos se producen.

Obra

Algunhas das súas publicacións foron recollidas en libro:

  • The Muse of History and the Science of Culture (2000).
  • Evolutionism in Cultural Anthropology: A Critical History (2003).
  • The Evolution of the Human Mind From Supernaturalism to Naturalism An Anthropological Perspective. (2010).
  • Diary of a Football Handicapper (sobre o mundo das apostas deportivas) (2006)

Novela

  • In Solemn Conclave (2004)

Notas

  1. Sanderson, S. K. 2007. Evolutionism and its Critics: Deconstructing and Reconstructing an Evolutionary Interpretation of Human Society. Boulder, CO: Paradigm. P.161-171
  2. Carneiro, R. L. 1970. A Theory of the Origin of the State. Science 169: 733–738