Castañeta: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Liña 1:
{{en uso}}
[[Ficheiro:Grande castagnole.JPG|thumb|300px|Castañeta]]
A '''castañeta''' ou '''palometa''' (''Brama brama'', Bonaterre 1788) é un [[peixe]] mariño da familia dos [[brámidos]] (''Bramidae''), de corpo moi comprimido lateralmente e cor gris escura, polo que resulta inconfundible.
 
==Descrición==
A talla habitual oscila entre os 30 e os 50 cm, con máximos de 70 cm. Presenta un corpo alto, ovalado e comprimido lateralmente. Ten unha [[aleta]] dorsal única e as aletas pectorais grandes; a aleta caudal, profundamente dividida.
 
A pel é dura e cuberta de grandes escamas. A cor gris escura, case negra no dorso e aclarando no ventre.
 
==Hábitat e distribución==
Vive entre os 100 e os 400 m de profundidade, en augas abertas e formando pequenos bancos. Achégase á costa só en época de reprodución. Aliméntase de pequenos peixes, [[cefalópodos]] e pequenos invertebrados mariños.
 
A especie está amplamente distribuída, sobre todo no [[océano Atlántico|Atlántico]], sur do [[océano Pacífico|Pacífico]] e [[mar Mediterráneo]].
 
==Pesca e aproveitamento==
Péscase na primavera e no verán, normalmente con [[palangre]]. A talla mínima é de 18 cm.
 
Foi nunha especie abundante e popular, pola calidade da súa carne e o prezo asequible.
 
==Especies afíns==
Outros peixes parecidos á castañeta son os seguintes:
* [[Castañeta encarnada]] (''Beryx decadactylus''), con forma semellante pero de cor vermella característica.
* [[Palometa do Pacífico]] (''Brama japonica''), dun tamaño duns 60 cm. Péscase no océano Pacífico.
* ''Japuta sickle'' (''Teratichthys steindaxhneri''), semellante á anterior en forma e distribución, pero de maior tamaño.
 
==Véxase tamén==
Liña 21 ⟶ 29:
* DIRECCIÓN XERAL DE FORMACIÓN PESQUEIRA: ''Guía do consumidor de peixe fresco''. Xunta de Galicia 1999.
* RÍOS PANISSE, M. Carmen: ''Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia (Invertebrados y peces)''. Anejo 7 (1977) de ''Verba''.
* ZUDAIRE, Maite e YOLDI, Gema: ''Pescados y mariscos''. Eroski Publicaciones, Elorrio (Biscaia), 2005.
 
===Ligazóns externas===