Rebordáns, Tui: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
+ datos
→‎Patrimonio: + datiño obtido do artigo Tui
Liña 13:
 
==Patrimonio==
A igrexa parroquial foi construída sobre unha antiga necrópole romano-sueva, situada a carón da [[via XIX]] do [[itinerario de Antonino]]. O templo actual é do [[século XII]], pero conserva vestixios anteriores. En [[1071]] foi elixida como sé episcopal do [[bispado de Tui]] polo rei [[García de Galicia|García]], logo de ser saqueada [[Tui]] nos [[Viquingos en Galicia|ataques normandos]]. Estivo vencellada a un mosteiro beneditino até o [[30 de novembro]] de [[1225]].
 
Ten pranta basilical de tres naves con tres [[ábsida]]s, de forma rectangular os laterais e semicircular o central, cubertos con bóvedas de canón, e rematada en cascarón a bóveda da ábsida central. O teito das naves é de madeira.