Diferenzas entre revisións de «Tradición oral»

arranxo
(pequeno dato, sociedade occidental perdendo tradicións orais)
(arranxo)
Desde épocas remotas en que os seres humanos comezaron a comunicarse a través do [[fala]], a oralidade foi fonte de trasmisión de [[coñecemento]]s, ao ser o [[medio de comunicación]] máis rápido, fácil e utilizado. Esta forma de transmisión adoita distorsionar os feitos co paso dos anos, polo que estes relatos sofren variacións nos xeitos de contarse, perdendo ás veces o seu sentido inicial.
 
A tradición oral foi fonte de grande información para o coñecemento da [[historia]] e [[costume]]s de gran valor fronte aos que defenderon a [[historiografía]] como único método fiable de coñecemento da [[Historia]] e da [[vida]]. A sociedade occidental actual perdeu e segue perdendo en grande medida as tradicións orais, e na actualidade en moitas culturas só aparecen recollidas nos mellores casos en libros, audios ou vídeos; esta perda da tradición oral debeuse e débese principalmente ao grande influxo actual dos medios de comunicación, que diminúeen moitos casos fan diminuír a comunicación familiar e a transmisión da cultura tradicional, así como a novos cambios nos hábitos da vida onde as tecnoloxías son máis valoradas que as tradicións.
 
==Véxase tamén==
13.785

edicións