Diferenzas entre revisións de «Tradición oral»

pequeno dato, sociedade occidental perdendo tradicións orais
m (→‎Véxase tamén: algo máis)
(pequeno dato, sociedade occidental perdendo tradicións orais)
Defínese como '''tradición oral''' á forma de transmitir desde tempos anteriores a [[cultura]], a [[experiencia]] e as [[tradición|tradicións]] dunha [[sociedade]] a través de [[relato]]s, [[canto]]s, [[oración|oracións]], [[lenda]]s, [[fábula]]s, [[conxuro]]s, [[mito]]s, [[contos]], etc. Transmítese de pais a fillos, de xeración a xeración, chegando ata os nosos días, e ten como función primordial a de conservar os coñecementos ancestrais a través dos tempos. Dependendo do contexto os relatos poden ser [[Antropomorfismo|antropomórfico]]s, [[Teogonía|teogónico]]s, [[Escatoloxía (fisioloxía)|escatolóxico]]s, etc.
 
Desde épocas remotas noen que oos homeseres comezouhumanos comezaron a comunicarse a través do [[fala]], a oralidade foi fonte de trasmisión de [[coñecemento]]s, ao ser o [[medio de comunicación]] máis rápido, fácil e utilizado. Esta forma de transmisión adoita distorsionar os feitos co paso dos anos, polo que estes relatos sofren variacións nos xeitos de contarse, perdendo ás veces o seu sentido inicial.
 
A tradición oral foi fonte de grangrande información para o coñecemento da [[historia]] e [[costume]]s de gran valor fronte aos que defenderon a [[historiografía]] como único método fiable de coñecemento da [[Historia]] e da [[vida]]. A sociedade occidental actual perdeu e segue perdendo en grande medida as tradicións orais, e na actualidade en moitas culturas só aparecen recollidas nos mellores casos en libros, audios ou vídeos; esta perda da tradición oral debeuse e débese principalmente ao grande influxo actual dos medios de comunicación, que diminúe a comunicación familiar e a transmisión da cultura tradicional, así como a novos cambios nos hábitos da vida onde as tecnoloxías son máis valoradas que as tradicións.
 
==Véxase tamén==
13.785

edicións