Lingüística diacrónica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sobreira (conversa | contribucións)
Servando2 (conversa | contribucións)
Liña 23:
==Orixes da lingüística histórica==
===Ideas básicas===
A historia desta disciplina lingüística ten a súa orixe a finais do [[século XVIII]], cando por primeira vez se tomou conciencia de que as [[linguaslingua]]s se transforman co paso do tempo.
 
Dúas ideas son as que fundamentan naquel momento o desenvolvemento da nova forma de estudo lingüístico:
Liña 29:
*en primeiro lugar, que ''o cambio das linguas se debe non só á vontade consciente dos homes, senón tamén a unha necesidade interna''. Os lingüistas da época distinguiron a tal efecto dous tipos de relacións entre palabras análogas en dous momentos históricos determinados: o ''préstamo'' e a ''herdanza''; a primeira relación motivada por cambios conscientes e a segunda por cambios inconscientes ou ''internos'' á lingua. Neste sentido, a asunción de que unha palabra pode provir, por herdanza, dunha palabra diferente supuña admitir que existen causas naturais para o [[cambio lingüístico]]. Consecuencia importante desta idea é que a comparación entre linguas utiliza tamén as diferenzas para establece-lo parentesco.
 
*en segundo lugar, que ''o cambio lingüístico é regular e respecta a organización interna das linguas''. A aceptación da idea de que só se considera unha diferenza como cambio cando manteña certa regularidade no interior da linguaselinguaxe é esencial para a configuración da '''lingüística histórica''' como disciplina plenamente científica; substitúese, pois, o estudo chamado entón ''etimoloxía'', que consideraba cada palabra como un problema especial. A regularidade, polo contrario, implica que a diferenza entre dúas palabras análogas provén dalgún dos seus constituíntes e que en tódalas demais palabras onde aparece o mesmo constituínte está afectado polo mesmo cambio.
 
Desta segunda idea conclúese que, para que o cambio posúa regularidade, asemella necesario que respecte a organización gramatical da lingua e só altere a palabra a través da súa organización interna. Polo demais, suxírese tamén entón que esa regularidade pode darse tamén no compoñente fonético; de aquí que no século XIX se consolidase o estudo das [[lei fonética|leis fonéticas]], un dos terreos onde a '''lingüística histórica''' obtivo os seus maiores éxitos.