Abd al-Rahman III: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.1) (bot Modificado: uk:Абд Ар-Рахман III
*Alxeciras -> Algeciras
Liña 7:
Fíxolles fronte aos fatímidas, por un lado ao apoiar os seus inimigos, en África e, por outro lado, reclamando o Califado para el mesmo. Ao declarar o Califado de Córdoba, estaba a quebrar, efectivamente, todos os lazos que o unían aos califas exipcios e sirios. Os seus ascendentes contentáranse apenas co título de [[emir]] (príncipe). Na altura, aceptábase que apenas o gobernante das cidades santas de [[Meca]] e [[Medina]] podía reclamar tal título. A forza da tradición estaba, con todo, moi esbatida, de modo que Abd-ar-Rahman se fixo proclamar sucesor do Profeta (califa) e [[príncipe dos crentes]] (amir al-Mu'minin) a [[16 de xaneiro]] de [[929]], gañando un prestixio sen precedentes para un líder musulmán na Europa, tanto entre os seus súbditos hispánicos como na África. Foi nesa data que asumiu a súa al-kunya an-Nasir li-Din Allah (vencedor en nome de Allah).
 
A súa principal misión, foi a unificación de [[al-Andalus]], tendo para iso sometido os rebeldes andaluces, no sur e centro de España. Un ano após proclamarse califa, emprendeu a súa maior campaña militar, contra [[Ibn Hafsūn]], a quen tomou [[Sevilla]] e [[AlxecirasAlgeciras]]. Conquistou [[Bobastro]] (onde pontificaba ibn Hafsūn), [[Badaxoz]] (o dominio dos [[banu Marwan]]), onde se centraba a maior parte dos seus opositores, en [[928]]; en 933 conquistou o último reduto deste, en [[Toledo]]. Loitou contra os reis cristiáns do norte, apoderouse de [[Osma]], de [[San Esteban de Gormaz]]. En resposta aos ataques do [[reino de León|rei de León]] [[Ordoño II]], venceu os reis de León e [[reino de Navarra|Navarra]], na [[Batalla de Valdejunquerra]], a [[26 de xullo]] de [[920]] e saqueou [[Pamplona]].
 
O Califado de Córdoba entrou nunha época de gran prosperidade económica e prestixio mundial. É diso exemplo a cantidade de moedas de ouro e de prata cuñadas por Abderramán. O conxunto de obras públicas e medidas administrativas foron tamén moi eloxiadas ao longo da historia. Os pobos máis distantes da época fixéronlle homenaxe por diversas veces. Foi o fundador da escola de medicina de Córdoba.